Derradeira sesión do “Cinensino”

O mércores, día 11 de maio, os nenos e nenas do terceiro ciclo de Primaria terán a posibilidade de asistir e disfrutar do derradeiro filme do programa “Cinensino”. Unha vez máis a proxección terá lugar na Casa da Cultura de Fene e nesta ocasión a película que se vai pasar é “Fantástico Sr. Fox (Fantastic Mr. Fox)”. Para ver máis información acerca do filme: http://www.innova.gl/gal/epo3.html http://www.filmaffinity.com/es/film604587.html

Ler máis

É o turno da piscina d@s nen@s de 1º e 6º!

Durante este último trimestre do curso escolar (meses de abril, maio e xuño) serán os alumnos e alumnas do 1º e o 6º curso os que tomen o relevo dos compis de 2º, 3º, 4º e 5º asistindo á piscina municipal de Centieiras e participando no programa de “Natación Escolar” do Excmo. Concello de Fene. Os horarios nos que participarán son os seguintes: Luns de 11:15 […]

Ler máis

Entroido 2011

Aquí podedes ver as fotografías que se fixeron durante a celebración do Entroido 2011. Os posados dos grupos dende Escola Infantil ata o 6º Curso de Educación Primaria. Polo noso Colexio pasaron desde Hippies, Bob Esponja, os personxes do Mundo Máxico do Contos e o Grande Mundo do Circo, con todos os seus personaxes. A verdade é que disfrutamos moito desta festa.

Ler máis

Acodimos á piscina municipal

Durante este trimestre, do 10 de xaneiro ao 30 de marzo, os cursos de 2º, 3º, 4º e 5º de Educación Primaria participamos, un ano máis, no programa de natación escolar organizado, promovido e subvencionado polo Excmo. Concello de Fene.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad