Celebración do Día da Paz na Jorge Juan

Celebración do Día da Paz na Jorge Juan

O pasado 30 de xaneiro, o alumnado da Jorge Juan de Perlío celebrou o Día Escolar da Paz e a Non Violencia cun emotivo acto no que participou o alumnado de Educación Infantil, Primaria e da ESO.

Ler máis

Xornada de Portas Abertas Escola Infantil Jorge Juan

Xornada de Portas Abertas Escola Infantil Jorge Juan

Se desexas coñecer máis de preto a nosa Escola Infantil, explorar o noso proxecto educativo, visitar as instalacións ou aclarar calquera dúbida sobre a educación dos máis pequenos/as, animámoste a asistir á nosa Xornada de Portas Abertas: Datas: Lembra reservar a túa cita chamando ao 981 34 01 09

Ler máis

Xornada de Portas Abertas Colexio Plurilingüe Jorge Juan Perlio

Xornada de Portas Abertas Colexio Plurilingüe Jorge Juan Perlio

Se desexas coñecernos máis de preto, descubrir o noso proxecto educativo, visitar as nosas instalacións ou resolver calquera dúbida sobre a educación do teu fillo/a, invitámoste a participar na nosa Xornada de Portas Abertas: Venres 21 de febreiro, ás 16:00Venres 7 de marzo, ás 16:00 É recomendable solicitar cita previa no teléfono do colexio: 981 34 01 09.

Ler máis

Ledicia Costas visita o noso colexio e fala sobre “Curriño, o can influencer”

Ledicia Costas visita o noso colexio e fala sobre “Curriño, o can influencer”

O pasado venres, 10 de xaneiro, recibimos no noso colexio a recoñecida escritora galega Ledicia Costas, autora de “Curriño, o can influencer”, lectura do alumnado de segundo de primaria no primeiro trimestre. Na biblioteca, Ledicia compartiu como se inspirou para crear a historia de Curriño, respondeu preguntas do alumnado sobre os personaxes e o proceso creativo, e destacou a importancia da lectura e da imaxinación. […]

Ler máis

Os Polos Creativos: un proxecto innovador no noso colexio

Os Polos Creativos: un proxecto innovador no noso colexio

O noso colexio lanza o proxecto “Polos Creativos”, espazos deseñados para fomentar a creatividade, a aprendizaxe competencial e o traballo colaborativo. Nestes lugares promove-se a aprendizaxe activa mediante obradoiros e proxectos de experimentación, prototipado e resolución de problemas reais. Os Polos Creativos inclúen temas como intelixencia artificial, realidade virtual, impresión 3D, robótica e tecnoloxías audiovisuais, promovendo a colaboración entre alumnado, profesorado e familias. Ademais, está […]

Ler máis

Grazas á ANPA pola maxia do Nadal

Grazas á ANPA pola maxia do Nadal

A semana pasada, a ANPA do Colexio Jorge Juan organizou actividades que encheron o colexio de ilusión. O alumnado comezou a semana participando en creativos obradoiros de postais de Nadal e, rematouna coa a visita dos Reis Magos de Oriente, que recolleron persoalmente as cartas coas súas peticións. Queremos agradecer á ANPA o seu esforzo e dedicación, que fan do noso colexio un lugar cheo […]

Ler máis

Festival fin de trimestre: “El monstruo de los colores”

Festival fin de trimestre: “El monstruo de los colores”

O pasado martes, 19 de decembro, celebramos no noso colexio o festival de fin de trimestre de primeiro e segundo de Primaria, o alumnado deleitounos cunha marabillosa representación do conto “El monstruo de los colores”. A actividade celebrouse no salón de actos do colexio durante a mañá, coa presenza das familias, a quen agradecemos a súa asistencia. A obra amosou as emocións dun xeito lúdico […]

Ler máis

Representación teatral

Representación teatral

O pasado 29 de novembro, o salón de actos do noso colexio acolleu a representación da obra de teatro “La luna y el sol, los viajeros del cielo”, unha actividade moi especial que contou coa participación activa das mestras de Educación Infantil, primeiro e segundo de Primaria, e coa narración a cargo do profesor de música. A obra, sinxela pero cargada de emoción, trasladou ao […]

Ler máis

25N – “Chalk Back”: Non ao acoso na rúa

25N – “Chalk Back”: Non ao acoso na rúa

O pasado 25 de novembro, o noso centro, a Jorge Juan de Perlío, uniuse ás actividades promovidas pola Fanpa Ferrolterra e a área de Igualdade da Deputación da Coruña no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Esta iniciativa contou coa participación de 47 centros escolares de toda a comarca, reunindo máis de 9.000 estudantes comprometidos coa loita por unha sociedade máis igualitaria […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad