Festival fin de trimestre: “El monstruo de los colores”
O pasado martes, 19 de decembro, celebramos no noso colexio o festival de fin de trimestre de primeiro e segundo de Primaria, o alumnado deleitounos cunha marabillosa representación do conto “El monstruo de los colores”.
A actividade celebrouse no salón de actos do colexio durante a mañá, coa presenza das familias, a quen agradecemos a súa asistencia. A obra amosou as emocións dun xeito lúdico e creativo, rematando cunha emotiva canción.
Parabéns aos pequenos artistas e grazas ao equipo docente por facer posible esta xornada tan especial. Este festival foi unha mostra máis da importancia de traballar a educación emocional e a creatividade dende os primeiros cursos.
Que mellor maneira de despedir o trimestre que compartindo alegría e aprendizaxes en comunidade!
Grazas a todas e todos pola vosa participación!