Pulseiras Salvavidas

Estamos inmers@s no proxecto solidario Salvavidas co que queremos acadar un desfibrilador para o colexio, que poida satisfacer as posibles necesidades da comunidade educativa e do contorno. Para elo, necesitamos vender 250 pulseiras Salvavidas. Grazas a vos xa chegamos a máis da metade, pero necesitamos continuar, polo que pedimos un último esforzo que nos faga conseguir o noso obxectivo. Podedes mercar as pulseiras solidarias Salvavidas na secretaría […]

Ler máis

Nadal na Jorge Juan

Nadal na Jorge Juan

Melchor, Gaspar e Baltasar quixeron pasar polo colexio para recoller cartas que os nenos e nenas lles tiñan preparadas. Pola biblioteca foi pasando o alumnado que ademais de entregar as súas cartas, puido falar coas súas maxestades e ata levar un pequeno agasallo como adianto do Día de Reis Tamén houbo ocasión para cantar e escoitar panxoliñas e facer unha merenda de media maña cos […]

Ler máis

Festival de Nadal 2019 – Primaria

O pasado venres, como despedida do primeiro trimestre, fixemos o festival de Nadal de primeiro e segundo de primaria. Acudiron como público as familias do noso alumnado. Houbo panxoliñas para abrir e pechar o acto, e tamén unha representación teatral na que se representaron de xeito dramatizado os Dereitos da Infancia. Foi un acto festivo pero tamén reivindicativo sobre as situacións nas que moitas veces […]

Ler máis

O Apalpador ven ao cole

O Apalpador ven ao cole

Este luns o Apalpador veu ata a Jorge Juan para coñecer aos nenos e nenas do noso cole. Presentouse explicándolles quen era e faloulles do importante que é gozar coas cousas boas que temos e coidar da natureza. Participaron o alumnado de infantil de catro e cinco anos e de primeiro e segundo de primaria. Galería de imaxes

Ler máis

Entrevista de Radio Fene polo Mercadiño de Nadal

Entrevista de Radio Fene polo Mercadiño de Nadal

Con motivo da celebración do Mercadiño de Nadal que celebra o noso colexio o próximo sábado, dende Radio Fene fixéronnos unha entrevista. Quen teñan interese en escoitala poden facelo clicando aquí

Ler máis

A nena e o grilo

A nena e o grilo

Este pasado mércores, 27 de novembro, o alumnado de primeiro e segundo de primaria puido gozar dunha representación teatral. Acudimos á sede de Afundación en Ferrol para ver a obra “A nena e o grilo máis aló”, da compañía de teatro Magín Blanco. A obra que aproveita o potencial educativo que ten o teatro, contou con baile, música, moitos momentos cómicos e algún que outro […]

Ler máis

Exposición sobre o sexismo e os medios de comunicación.

Na semana do 25-29 de novembro, a biblioteca do centro “BIBLIOTORTU” acolle unha exposición sobre o sexismo e os medios de comunicación. Actividade recollida dentro do plan de igualdade de xénero do centro. Os traballos foron realizados polos alumnos de 1º e 2º da ESO. Neles móstranse carteis onde se abordan dende anuncios de publicidade sexista, o sexismo en determinados programas na radio e a TV, […]

Ler máis

Día Internacional da Infancia

O 20 de novembro de 1959 a ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno. Na mesma data pero trinta anos máis tarde, o 20 de novembro de 1989, escríbese a Convención sobre os Dereitos do Neno. Por este motivo tomouse esta data para celebrar o Día Internacional da Infancia. O alumnado de Educación Infantil e de primeiro e segundo de Primaria do noso colexio […]

Ler máis

Samaín 2019

Onte, mércores 30 de outubro, puidemos celebrar no colexio o Samaín. Entre as moitas actividades que se desenvolveron, fixemos un magosto no que participou todo o colexio dende infantil ata a ESO. Galería de imaxes

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad