Na seguinte ligazón pódese acceder a listaxe de libros de texto para o curso 2021 – 2022:
Na seguinte ligazón pódese acceder a listaxe de libros de texto para o curso 2021 – 2022:
Un novo número da revista do colexio, Totu News, foi publicado. Suma como noutras ocasión o esforzo e traballo común do alumnado do colexio Jorge Juan. Un amplo abano de temas, ilustrados, escritos, relatados e creados con ilusión. Neste enlace podedes acceder aos seus contidos exclusivos: Tortu News nº 5
Hoxe, no Día das Letras Galegas adicado a Xela Arias, publicaremos na web as fotografías das actividades da súa celebración no colexio o pasado venres. Van dende as alfombras florais de Educación Infantil ata os murais da ESO, sen esquecer o traballo feito en Primaria e na Escola Infantil. Galería de imaxes da Escola Infantil Galería de imaxes Educación Infantil Galería de imaxes da Educación […]
O Día internacional do Libro celébrase todos os anos o 23 de abril. Celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura.
Neste ano 2021, no Colexio Jorge Juan, as distintas etapas educativas sumáronse a esta festa do libro.
Está aberto prazo de matrícula para a Escola Infantil Jorge Juan. Todas as persoas interesadas poden ter máis información chamando ao colexio, no número 981 340 109, e tamén facerse unha idea do noso xeito de traballar vendo o seguinte vídeo:
As diferentes etapas educativas realizaron actividades vencelladas á celebración. O día 8 de marzo celébrase o Día da Muller e o noso centro quixo participar desde todas as súas etapas con diferentes actividades. Desde a Escola Infantil fixeron este mural para conmemorar o día: O alumnado de Ed. Infantil gozou da representación da historia de Amelia Earhart, pioneira da aviación feminina. Tamén o celebraron con […]
Neste Entroido no Colexio Jorge Juan decidimos ataviarnos de peregrinos e facer unha peregrinación virtual a Compostela. Ata a edición e publicación do do vídeo achegámosvos unha galería fotográfica coas imaxes deste xornada. Galería de imaxes Máis imaxes
As labores de desinfección e nebulización do centro como prevención do Covid 19 impiden que a secretaría do centro poida funcionar fora do horario establecido, tanto presencial como telefonicamente. Salvo ser citados, o horario da secretaría, de 8:00 a 15:00, seguirase de xeito estrito.