Xa está dispoñible un novo número da revista do colexio. Naturalmente esta edición está adicada ao circo. Podedes descargar e ler o número 8 de Totunews nesta ligazón: “Totunews Circus”
Xa está dispoñible un novo número da revista do colexio. Naturalmente esta edición está adicada ao circo. Podedes descargar e ler o número 8 de Totunews nesta ligazón: “Totunews Circus”
A Semana do Cine que celebramos esta semana, e na que participou todo o alumnado de Infantil e Primaria, rematou cunha proxección conxunta para todas a etapas educativas e ás súas familias. Queda aquí a galería de imaxes Tamén contamos coa exposición de ilustracións sobre o circo que comezou como celebración do Día da Ilustración. Tedes máis información sobre isto e fotografías no blog da […]
Achéganse os días de Entroido e con el chegan tamén os mandatos do Meco. Hoxe podedes ler o primeiro mandato para saber o que toca traer o vindeiro luns.
Como celebración do Día da Paz, e como xeito de adhesión aos valores de convivencia pacífica, o pasado luns camiñamos polas rúas de Fene cara o Casa do Concello. Alí colocamos lazos con mensaxes de paz, e limos o seguinte manifesto que expresa o compromiso do noso coloexio coa Paz: No CPR Jorge Juan de Perlío, onde conviven alumnado, profesorado e outras persoas da comunidade […]
O próximo 17 de febreiro, se o tempo o permite haberá pola mañá un desfile de comparsas de Entroido desde o centro ata a Casa do Concello. A Anpa Cpr Jorge Juan Perlio quere formar unha de pais e nais coa temática do circo. Todo aquel que estea interesado que contacte no Whatsapp da ANPA.