Xa temos listas as obras de arte para o noso Mercadillo Solidario, reliazadas polos nosos nenos e nenas. Ide pensando pola vosa favorita para participar na puxa do próximo sábado. Vémonos!! Galería de Obras de Arte.
Hoxe, martes, 4 de decembro, os rapaces e rapazas de quinto curso de Educación Primaria, nos achegamos ata o Museo do Humor de Fene para visitar a Exposición de Pinto&Chinto no seu 25 aniversario. Foi unha visita moi divertida. Galería de Imaxes.
O pasado venres, 30 de novembro, os nenos e nenas de Quinto e Sexto Curso e Educación Primaria, comezamos co ciclo de fimes do Programa de Cinensino. A primeira película deste ano foi “La chica dormida”. Galería de Imaxes.
Hoxe temos dobre celebración, e por iso, o queremos compartir con todos vós. Por unha banda, celebramos o Día Internacional do Maestro/a, polo que felicitar aos mestres e mestras do noso centro, e como non, aos nenos e nenas por que sen eles non tería sentido o noso traballo. E por outra, celebrar a resolución provisional da Orde de 20 de agosto de 2018, de […]
Hoxe tivo lugar no noso centro unhareunión moi importante, coa iniciativa de mellorar a seguridade vial do alumnado do concello. Reunímonos os representantes do Concello de Fene, os representantes do Anpa do Colexio , unha representación do profesorado do Centro e a organización Stop Accidentes. O noso Colexio e o ANPA conscientes da necesidade: dunha mellor organización nas entradas e saídas, e partidarios de […]
Deixámosvos o enlace coas datas dos exames da Primeira Avaliación para os alumnos/as de Educación Secundaria. Premer aquí.
Falta moi pouco para o Mercadillo de Nadal deste ano e todo o cole está en acción. A ilusión por colaborar coas ONGs, e como non, as ganas de disfrutar da festa levou aos máis pequenos/as a comezar coa elaboración de moitas das sorpresas que poderedes atopar este ano no Mercadillo. Aquí vos deixamos algunhas imaxes.