Estamos de Noraboa.

Hoxe temos dobre celebración, e por iso, o queremos compartir con todos vós.

Por unha banda, celebramos o Día Internacional do Maestro/a, polo que felicitar aos mestres e mestras do noso centro, e como non, aos nenos e nenas por que sen eles non tería sentido o noso traballo.

E por outra, celebrar a resolución provisional da Orde de 20 de agosto de 2018, de convocatoria de axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia, no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura, para o curso 2018/19, na que a nosa Biblioteca entrará a formar parte. Pronto teredes máis novas sobre os traballos e proxectos que se están a desenvolver e que se  desenvolverán ao redor da Biblioteca durante este curso escolar.