Proposta de Camiños Escolares Seguros.

 

Xuntanza Colexio Jorge Juan.

Hoxe tivo lugar no noso centro unhareunión moi importante, coa iniciativa de mellorar a seguridade vial do alumnado do concello. Reunímonos os representantes do Concello de Fene, os representantes do Anpa do Colexio , unha representación do profesorado do Centro e  a organización Stop Accidentes.

O noso Colexio e o ANPA conscientes da necesidade:

  • dunha mellor organización nas entradas e saídas,
  • e partidarios de opcións saudables e respetuosas co medio ambiente e tendo en conta os ritmos de vida actuais no que se busca un continuo equilibrio.

Propuxemos, ao Concello de Fene , coa axuda da organización Stop Accidentes;  sacar adiante o proxecto ANCAS de creación de camiños escolares seguros, que beneficiaría enormemente ás familias, á comunidade educativa e o barrio . Estade atentos porque dentro de moi pouco tempo informaremos de todo. Deixamos o link do proxecto por se queredes botar un ollo: