Cambio de día no horario de tarde na ESO.

Informamos que para este curso 2019-2020, os alumnos e alumnas de ESO, terán un cambio no día lectivo de tarde, pasando do luns a martes en horario de 16: 00 h a 17.40 h.

Ler máis

Excursión Fin de Curso Cantabria.

A semana pasada dende o 17 de xuño ata o 21 de xuño, os nenos e nenas de Quinto e Sexto de Educación Primaria realizamos a Excursión de Fin de Curso a Cantabria, onde ao longo da semana fixemos un montón de divertidas actividades. Disfrutamos un montón da viaxe. Galeria de Imaxes.

Ler máis

Teño Talento 2019.

O pasado mes de maio, os nenos e nenas de Quinto e Sexto Curso de Educación Primaria, participaron no concurso de Teño Talento, onde amorason todas as súas habilidades en distintas disciplinas. O xurado tivo moi dificil seleccionar os gañadores pero o máis importante de todo foi a participación e o moito que desfrutamos da xornada. Galería de Imaxes.

Ler máis

Festa Fin de Curso.

Ler máis

Reunión do ANPA.

O noso ANPA informa da convocatoria da reunión de socios/as para o próximo día 30 de mayo, ás 4:00 h da tarde en primeira convocatoria e ás 4:15 h en segunda convocatoria, no Salón de Actos do Centro; co seguinte orde do día: 1 . Renovación da xunta directiva. 2. Situación presupuesto do Anpa. 3. Posibles actuacións para o próximo curso. Rogamos asistencia.

Ler máis

Axudas Fondo Libros e Material Escolar 2019-20.

Informamos ás familias da convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2019/2020. Acceso á orde. Presentación online ou descarga de anexos de solicitude.

Ler máis

Minimarket 2019.

O pasado venres, día 10 de maio, dous grupos de alumnos/as de 4º da ESO, acudiron ao pabellón das Lagoas, en Narón, para participar cos seus proxectos de emprendedores no Minimarket organizado por AJE Ferrolterra, alí compartiron con rapaces e rapazas de outros centros a súa creatividade á hora de crear novas empresas. Pode que sexa un comezo para moitos rapaces e rapazas da nosa […]

Ler máis

Concurso de Robótica en Vigo.

O día 26 de Abril de 2019, saímos dezaoito alumnos/as de ESO e dous profesores con destino Vigo, co obxetivo de facer un digno papel na V Competición de Robots da EEI. Éramos conscientes de que o reto ía ser difícil, xa que para todos os alumnos/as esta era a primeira vez e aínda por enriba competíamos contra 170 equipos de centros de toda Galicia. […]

Ler máis

Charlas Eusumo.

A pasada semana as alumnas e alumnos de sexto de Primaria e 4º da ESO, poideron disfrutar dunha charla sobre a Economía Social, grazas a Mercedes técnico da Rede Eusumo. Foi un pracer coñecer un pouco máis a fondo este tipo de empresas.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad