Concurso de Robótica en Vigo.

O día 26 de Abril de 2019, saímos dezaoito alumnos/as de ESO e dous profesores con destino Vigo, co obxetivo de facer un digno papel na V Competición de Robots da EEI. Éramos conscientes de que o reto ía ser difícil, xa que para todos os alumnos/as esta era a primeira vez e aínda por enriba competíamos contra 170 equipos de centros de toda Galicia. Á chegada dirixímonos ao punto de inscripción, e unha vez inscritos cada equipo foise ao seu tapíz a tomar contacto co circuito. Primeiros nervios, cambio de pilas o robot non vai! seguro que están ben postas! Imos comprobalo …

A primeira proba consistía en que o robot seguise unha líña branca e ao atopar o primeiro obstáculo o bordease pola esquerda e ao atopar o segundo o bordease pola dereita. A segunda proba, o Barrendeiro cebra, consistía en sacar catro latas dun recinto circular de un metro de diámetro no menor tempo posible e sen sairse o robot do recinto.
Que lástima ! Ningún dos nosos equipos pasou a final, sin embargo todos/as xa estaban pensando na vindeira competición, pero esa será outra historia…

Xa cos nervios fóra, visitamos o campus, sacamos unhas fotos diante do edificio Miralles, e fomos a dar un paseo pola praia de Samil dende onde contemplamos as illas Cíes.

Galería de Imaxes.