Servizo de Almorzo.

Ola familias, quixéramos presentar outra mellora nos servizos que está a ofrecer o noso colexio. Trátase do Servizo de Almorzo. Este novo servizo que  comezará  co novo curso escolarar 2016-17,  consiste na apertura, recepción e coidado dos alumnos e alumnas ás 7:30 h da mañá incluíndo un almorzo a base de froitas (en tódalas variedades), leite, cereais,… Os horarios serían os seguintes: Recepción do alumnado: […]

Ler máis

Excursión Fin de Curso a Pena Aventura.

Os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria, nos achegamos a pasada semana ata o  país veciño, para desfrutar dun fermoso e divertido parque de aventura “Pena Aventura”. Nas súas instalacións poidemos realizar numerosas actividades onde liberar as nosas enerxías: tirolinas, kayak, tiro con arco, salto vertical, alpine coaster, fantasticable, … e un montón de actividades máis. A pesar do mal tempo […]

Ler máis

Visita de Primeiro e Segundo de E. Primaria á Casa Grande de Xanceda.

Os nenos e nenas de Primeiro e Segundo de Educación Primaria visitaron a “Casa Grande de Xanceda”, nela poideron alimentar aos animais e facer as tarefas propias dun granxeiro; tamén degustaron un iogur ecolóxico feito na granxa, rematando cunha actividade de reciclaxe. Foron unhas xornadas moi divertidas para tod@s el@s. Galería de Imaxes.

Ler máis

Recordatorio para as familias.

Dende o Colexio queremos recordar a todas as familias que o 23 de xuño remata o prazo para as solicitudes do fondo de libros e material escolar para o vindeiro curso escolar 2016-17.

Ler máis

Campamento Urbán Jorge Juan.

Xa está a rematar o curso para os máis pequenos e pequenas das familias ; pero para os maiores aínda falta un pequeno empuxón; por iso, dende o colexio queremos axudar a aquelas familias que por diversos motivos teñan dificultades co coidado dos  seus fill@s durante o mes de xuño e xullo. Ofrecéndolles  a seguinte posibilidade: Un campamento urbán de verán para nenos e nenas de […]

Ler máis

Primeiro de Primaria cos Hábitos Saudables.

Onte, xoves 2 de xuño, os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria achegáronse ata o Supermercado Gadis do Inferniño en Ferrol; onde realizaron unha serie de actividades relacionadas co Proxecto de Hábitos Saudables. Ademáis de realizar unha serie de xogos, poideron coñecer e traballar coa pirámide de alimentos e ver en que seccións do supermercado os podían atopar. Desfrutaron moito da visita e […]

Ler máis

Reunión coas familias de 4º E. Primaria sobre Proxecto Abalar.

Convocamos aos pais e nais dos nen@s de 4º Educación Primaria á reunión informativa sobre o Proxecto ABALAR  e a incorporación das novas tecnoloxías na aula para o vindeiro curso. Terá lugar o mércores, 8 de xuño na aula de 5ºA as 16:15H. Un saúdo Os Mestres de 4º de Primaria

Ler máis

Festa Fin de Curso ANPA.

Estimadas familias, dende o ANPA queremos informar que o vindeiro 10 de xuño, de 16:00 h a 19:00 h, estamos a organizar, e polo tanto estades convidados a unha festa infantil e xuvenil no patio do colexio co motivo do fin do curso escolar 2015-16, dita festa será amenizada pola “Guagua” con: hinchables, talleres, toro mecánico e fesa da espuma. A entrada será de balde […]

Ler máis

Colaboración con Global Humanitaria.

O pasado luns, día 30 de maio, toda as familias que quixeron colaborar coa ONG Global Humanitaria, aportaron o seu gran de area, traendo roupa e calzado para aquelas persoas máis necesitadas. E gran a gran, a solidaridade das familias do noso colexio convertíronse nunha grande montaña. Outra gran mostra da solidaridade das familias do noso centro; por iso outra vez máis AGRADECER A VOSA […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad