Excursión Fin de Curso a Pena Aventura.

Os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria, nos achegamos a pasada semana ata o  país veciño, para desfrutar dun fermoso e divertido parque de aventura “Pena Aventura”. Nas súas instalacións poidemos realizar numerosas actividades onde liberar as nosas enerxías: tirolinas, kayak, tiro con arco, salto vertical, alpine coaster, fantasticable, … e un montón de actividades máis.

A pesar do mal tempo que nos acompañou case toda a semana, isto non foi un impedimento para desfrutar ao máximo; e coa axuda dos monitores ( Ana e Luís, entre outros) nos fixeron pasar unha semana de emocións inesquecibles.

Ademais do parque de actividasdes tamén visitamos un parque acuático onde nos puxemos outro pouco máis a remollo. Ao rematar o baño poidemos coñecer un pouco da cidade de Vila Real.

O último día nos dirixmos ata a fermosa cidade de Porto, onde realizamos unha visita panorámica guiada, para coñecer aqueles lugares máis emblemáticos da cidade e percorrer as súas buliciosas rúas. E como non podía faltar, o tranquilizador cruceiro polas augas do río Douro, para ter unha fermosa vista da ribeira da cidade.

Galería de Imaxes .

Galería de Vídeos.