Servizo de Almorzo.

Ola familias, quixéramos presentar outra mellora nos servizos que está a ofrecer o noso colexio. Trátase do Servizo de Almorzo. Este novo servizo que  comezará  co novo curso escolarar 2016-17,  consiste na apertura, recepción e coidado dos alumnos e alumnas ás 7:30 h da mañá incluíndo un almorzo a base de froitas (en tódalas variedades), leite, cereais,…

Os horarios serían os seguintes:

  • Recepción do alumnado: de 7:30 h. a 7:45 h.
  • Servizo de Almorzo: de 7:45 h a 8:15 h.
  • Despois do almorzo limpeza de dentes e aseo, e paso ao servizo de madrugadores.

O custo do servizo de almorzo sería:

  • 3 euros/día para usuarios mensuais.
  • 3.50  euros/día para usuarios quincenais.
  • 4 euros/día para usuarios esporádicos.

Para poder usar este servizo só compre anotarse na secretaría do centro, nas opcións elexidas coa solicitude de inscripción onde se reflexará se o usuario/a presenta calquera tipo de alerxía alimentaria e aboar a cota voluntaria, onde se inclúe o seguro escolar.