FESTIVAL 50 ANIVERSARIO.

  Aquí tedes o cartel do Festival 50 Aniversario, o venres 22 de xuño tedes unha cita. Comezaremos ás 16:00 h coas actividades para rematar ás 20:00 h. Esperámosvos a todos e todas: nenos/nenas, pais/nais, familiares, amigos/as, veciños/as,… todos os que queirades pasar unha tarde de diversión e boa compañía. Agradecer a colaboración do ANPA na organización desta celebración. Teremos bailes, música en directo, xogos, […]

Ler máis

Camiñata ata o areal de Cabanas.

Hoxe, mércores 13 de maio, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria fixeromos unha camiñata, de case 9 kms, dende o noso colexio ata o areal de Cabanas, percorrimos unha parte do antigo trazado do Camiño Inglés a Santiago, despois desta camiñata tocou repoñer forzar cun xantar e cun reparador baño nas augas da Ría de Ares, disfrutamos dun día estupendo e […]

Ler máis

Presentación do clube A Fervenza F.S.

O pasado luns, día 4 de xuño, o clube Comarcal A Fervenza de fútbol sala achegouse ata o noso colexio para presentar aos nenos e nenas de Educación Primaria o seu clube e tamen para animalos a practicar o deporte que eles promocionan e difunden. Agradecer a súa visita e o bo rato que fixeron pasar aos nosos nenos e nenas.

Ler máis

Charla Javier Cristobo. Día Mundial dos Océanos.

O pasado venres, día 8 de xuño, dentro das charlas do 50 Aniversario,  tivemos a sorte de contar coa presenza de Javier Cristobo, director do Oceanográfico de Xixón, biólogo, buceador, … e antigo alumno do noso Colexio. Este día celebrábase o Día Mundial dos Oceános, e él mellor que ninguén, nos veu a contar a importancia do seu coidado, nos explicou e amosou as súas […]

Ler máis

Visita ao Parque de Bombeiros de Ferrol.

O pasado día 28 de maio, as nenas e nenos de sexto curso de Educación Infantil (5 anos) poideron coñecer, de primeira man, o día a día dos bombeiros de Ferrol. Ao longo dunha incríble amñá, estiveron acompañados por uns estupendos guías que lles mostraron as instalacións do parque e lle permitiron sentirse bombeiros/as por un día, probando diferentes ferramentas e subíndose ao camión máis […]

Ler máis

Campamento Verán da Deputación.

Achegamos a información sobre os Campamentos deportivos da Deputación que se organizarán durante o verán na Coruña. Ao  Concello de Fene correspóndelle a 1ª quenda (do 1 ao 6 de xullo) e conta con 5 prazas. Máis información aquí.

Ler máis

Visita á Casa Grande de Xanceda.

Os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria visitaron o pasado venres, 25 de maio, a Casa Grande de Xanceda, onde fixeron de gandeiros/as por un día, visitando as granxas de producción ecolóxica e degustando os seus productos. Galería de Imaxes.

Ler máis

Visita a EXPONAV.

O pasado venres, día 25 de maio, os nenos e nenas de quinto curso de Educación Infantil (4 anos) realizaron unha divertida saída a Ferrol para visitar EXPONAV. Alí disfrutaron dunha búsqueda do tesouro cunha traviesa pirata e uns emocionantes contos que tiveron un inesperado final. Piratas ao abordaxe!!!!! Galería de Imaxes.

Ler máis

Taller de Cociña na Escola Infantil.

O pasado 22 de maio, as mestras da Escola Infantil organizaron un Taller de Cociña, onde realizaron uns chupa chups doces con galletas, leite condensada e virutillas. A través desta actividade os nenos estimularán os sentios, mirando, tocando, ulindo e probando ao mesmo tempo que traballan a psicomotricidade fina ao trocear, esmagar e remover as galletas con diferentes ingredientes que van empregar. Desfrutamos un montón […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad