Taller de Cociña na Escola Infantil.

O pasado 22 de maio, as mestras da Escola Infantil organizaron un Taller de Cociña, onde realizaron uns chupa chups doces con galletas, leite condensada e virutillas.

A través desta actividade os nenos estimularán os sentios, mirando, tocando, ulindo e probando ao mesmo tempo que traballan a psicomotricidade fina ao trocear, esmagar e remover as galletas con diferentes ingredientes que van empregar.

Desfrutamos un montón e agradecemos a participación das familias. Moitas grazas!!!!

Galería de Imaxes.