FESTIVAL 50 ANIVERSARIO.

 

Aquí tedes o cartel do Festival 50 Aniversario, o venres 22 de xuño tedes unha cita. Comezaremos ás 16:00 h coas actividades para rematar ás 20:00 h. Esperámosvos a todos e todas: nenos/nenas, pais/nais, familiares, amigos/as, veciños/as,… todos os que queirades pasar unha tarde de diversión e boa compañía.

Agradecer a colaboración do ANPA na organización desta celebración.

Teremos bailes, música en directo, xogos, exposición, visitas ao centro, posto comida,… e algunha sorpresa máis.

Lembrade que todos e todas as que queiran visitar as instalacións do colexio deberán anotarse con antelación na secretaría do centro ou no teléfono 981340109 para poder organizar os grupos.

Estades tod@s convidad@s. Esperámosvos!!!!!!