As Maletas da Igualdade.

  O vento do outono e a choiva do norte, deixou no noso cole unhas estrañas maletas. Pronto puidemos descubrir o que agochaban: montóns de libros que servirán para achegarnos máis a nosa biblioteca e gozar destas novidades. Son libros adicados a tratar temas de actualidade relacionados coa igualdade de xénero, a corresponsabilidade, a diversidade, o empoderamento, os estereotipos, o feminismo, as historias de mulleres, […]

Ler máis

Programas Excursión Fin de Curso 5º e 6º Primaria.

Estimadas familias, xa estamos a organizar a viaxe de fin de curso deste ano para os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria. Como todos os anos, quixéramos que fósedes as familias quenes escollades o destino final entre as distintas propostas, que a continuación poderedes ver. Achegarémosvos unha enquisa para que cada un de vós elixades a opción que máis vos guste. […]

Ler máis

Convivencia e Dinamización Proxecto TEI en Secundaria.

O pasado mércores, día 26 de setembro, os rapaces e rapazas da ESO, participaron nunha xornada de convivencia e dinamización do Proxecto TEI. Neste comezo de curso, os alumnos e alumnas da ESO, achegáronse ata a praia do Vilar onde coa realización dun bautismo de surf, voleibol, fútbol, coidado medioambiental e unha masterclass de yoga entre outras actividades; así comezaron coas primeiras dinámicas do Proxecto […]

Ler máis

Servizo de Almorzo Curso 2018-2019.

SERVIZO: Este servizo ten como  obxecto  promover a prestación de servizo de almorzo aos escolares do Colexio Jorge Juan antes do inicio das clases, pola mañá nos días lectivos do curso escolar. Este servizo consiste en dispensar un almorzo equilibrado en horario entre as 7:30 h. e as 8:15 h. Establécense tres modalidades de asistencia: fixo mensual (todos os días do mes), quenda laboral (quincenal, […]

Ler máis

Programación Ludoteca Curso 2018-2019.

Outro ano máis ofrecemos ás familias o servizo de ludoteca, o seu horario segue a ser o mesmo, de 16:00 h ata as 19:00 h, para maís información e prezos, podedes picar no enlace da LUDOTECA; e para ver as actividades programadas para este curso 2018-2019, no CRONOGRAMA. Esperamos que este servizo vos sexa de axuda.

Ler máis

Programa APROL- Economía Social.

O Cooperativa Colexio Jorge Juan de Perlio acadou financiamento dentro do programa de  Axudas para o fomento do emprendemento en economía social. Programa I: Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.

Ler máis

Celebración 50 Aniversario.

O pasado 22 de xuño de 2018, celebramos o 50 Aniversario da fundación do noso Centro educativo; e a mellor maneira de festexalo foi organizando, xunto co ANPA, unha festa para tódolos/as familias dos nosos/as alumnos/as e persoas que quixeran pasar un bo rato. Ao longo da tarde fixéronse diversas actividades: bailes, expsicións, hinchables, comida,…. E esperamos que todos/as desfrutárdes tanto como nós. Galería de […]

Ler máis

Libros de Texto e Material Escolar Curso 2018-2019.

Comunicamos o listado de libros e material escolar que os alumnos e alumnas do Colexio Plurilingüe Jorge Juan de Perlio precisarán para o vindeiro curso escolar 2018-2019, que dará comezo o 12 de setembro para Educación Infantil e Primaria e o 17 de setembro para o alumnado da ESO. Libros de texto. Material 1º Primaria. Material 2º Primaria. Material 3º Primaria. Material 4º Primaria. Material […]

Ler máis

Exames setembro ESO.

Comunicamos as datas e horarios dos exames de ESO para os alumnos e alumnas que teñan algunha asignatura pendente para setembro. Ver aquí.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad