Programa de prestación por fillas/os menores de tres anos.

Informamos da orde que ten por obxecto concesión da axuda por fillas e fillos menores de tres anos.

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos. A contía será a seguinte:

a) Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.

b) Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.

c) Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

Pódense beneficiar desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 1.1.2016 e o 31.12.2017, ambos os dous días incluídos, e que, durante o ano 2017, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.

Para máis info e presentación da solicitude picar aquí.

Día da Muller

Onte, 8 de marzo, todos os membros da comunidade educativa que formamos parte da Jorge Juan de Perlío, celebramos o Día da Muller.

Como acto final dos traballos realizados nas aulas sobre a importancia da igualdade, desenvolvéronse no patio estas actividades:

Gran cadea de papel formando o símbolo da muller. Elaborouse unha grande cadea, formada por eslavóns con mensaxes, nomes e ideas que dun xeito ou outro reivindican a igualdade.

Baile tradicional dedicado ás nenas e mulleres. Os alumnos de secundaria bailaron unha muiñeira dedicada ás súas compañeiras.

Maratón de lectura. Todo o centro dende infantil a secundaria participou nun maratón de lectura que consistiu na lectura continuada na biblioteca de textos nos que se recoñecía o traballo de diversas mulleres ao longo da historia.  

Galería de imaxes