Festa fin de Trimestre na ESO.

Onte, como non podía ser doutro xeito os rapaces e rapazas de ESO, tamén celebraron o fin de trimeste, e para iso ademaís de organizar un pequeno mercado para recadar fondos para a excursión de fin de curso, tamén disfrutaron do concerto do grupo de música “Arredemo” que nos deleitou cuns míticos temas de rock&roll, os cales nos fixeron disfrutar ao máximo.

A continuación, os rapaces e rapazas de ESO, tamén gozaron dun momento de baile co “Just Dance”, onde dende  os máis pequenos de primaria ata os maiores da ESO moveron o esqueleto.

Foi unha boa mañá de entretemento e diversión.

Cantos de Nadal na Biblioteca.

 

Onte, foi un día moi movido na nosa Biblioteca, onde todos os cursos de Educación Primaria achegáronse para escoitar unhas panxoliñas de Nadal interpretadas polos nenos e nenas de quinto e sexto de Educación Primaria. Pero tamén houbo sorpresas, os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria  nos convidaron coas panxoliñas que prepararon para as súas visitas ao Camf e Resanes. Pronto teremos algún ou algunha participante en OT.

Visita ao Parque Experimental de Sotavento.

Sotavento. Cpr Jorge Juan

O pasado xoves, 20 de decembro, os nenos e nenas de quinto e sexto curso  de Educación Primaria achegámonos ata o Parque Experimental de Sotavento, situado no concello de Xermade. Alí poidemos coñecer de xeito máis conciso as enerxías renovables e as súas incribles vantaxes, así como tamén pequenos trucos que realizándoos colaboraríamos cun importante aforro enerxético. Gustaríanos agradecer ao personal que alí nos atendeu o bo trato e o seu bo facer. Moitas grazas e seguro que voltaremos.

Galería de Imaxes.

Visita de 4º de Educación Primaria ao CAMF.

Hoxe os alumnos e alumnas de 4º de Primaria visitamos CAMF (Centro de Atención a Minusválidos Físicos) en Ferrol. Unha visita para coñecer as instalacións, as labores que realizan e as múltiples responsabilidades dos traballadores/as, que facilitan as tarefas cotiás e diarias dos residentes.
E ademais tamén, como proveito desta visita, achegar unha vez máis aos nosos nenos e nenas a concienciación e respecto desta realidada social.

Aviso Premio do Mercadillo Solidario.

Informamos que ata o día de hoxe, non apareceu o gañador do premio do Mercadillo Solidario; o gañador é o corredor/a que tiña o dorsal número 257 na Carreira Solidaria que se celebrou o pasado sábao día 15 de decembro. Ten un prazo de 10 días para reclamar o premio dende o día de hoxe.