3º Ciclo de Primaria no Museo de Humor.

A semana pasada os nenos e nenas de 3º ciclo de Educación Primaria nos achegamos ata o Museo do Humor de Fene para visitar a Exposición “Meigas sabias e mulleres boas” de Carme Romero; onde a autora nos acompañou e explicou as súas fermosas obras de arte. Animádevos a visitala. Galería de Imaxes.

Ler máis

3º Ciclo de Excursión en Lugo.

As alumnas e alumnos de 3º Ciclo de Educación Primaria, nos achegamos onte á cidade de Lugo, onde poidemos visitar os distintos museos romanos da cidade ( Centro de Interpreteción da Muralla, Domus do Mitreo e Casa dos Mosaicos), ademáis de ver a catedral de Lugo e pasear sobre a Muralla de Lugo e o seu centro histórico. Disfrutamos moito da visita e aprendimos un […]

Ler máis

Excursión 3º Ciclo ás Rías Baixas.

As nenas e nenos de Quinto e Sexto de Educación Primaria, tiveron o seu merecido premio despois destes anos, a Excursión de Fin de Curso ás Rías Baixas. Os días 1, 2 e 3 de xuño visitaron o sur de Pontevedra, coñecendo A Guarda, co seu fermoso Castro de Santa Trega, a vila de Baiona, Nigrán e as súas praias e a cidade de Pontevedra. […]

Ler máis

Quinto e Sexto de Primaria por Ferrol.

As nenas e nenos de Quinto e Sexto de Educación Primaria achegámonos o pasado venres, 4 de marzo, a Exponav e fixemos o Roteiro do Modernismo de Rodolfo Ucha pola cidade de Ferrol. Disfrutamos un montón. Podedes ver as fotos no seguinte enlace. Galeria.

Ler máis

Terceiro Ciclo en Santiago.

As nenas e nenos de 3º Ciclo de Educación Primaria achegámonos o pasado martes, 14 de decembro, ata a cidade de Santiago de Compostela, onde disfrutamos dun fermoso día; visitamos a Catedral e a parte monumental da cidade. Vos deixamos o enlace a Galería de Imaxes da visita. Xa agardamos a vindeira visita.

Ler máis

3º Ciclo de Volta á Ría 2021.

Xa era hora!!! Despois de tanto tempo, poidemos voltar ás andadas; e que mellor xeito de comezar. As nenas e nenos de Quinto e Sexto de Educación Primaria demos un “paseiño” pola nosa Ría, traballando o proxecto de Centro deste ano e completando o do ano pasado, referido ao Camiño de Santiago. Coñecimos, de preto, recunchos da nosa Ría e o seu patrimonio industrial, cultural, […]

Ler máis

Axuda Programa APROL

Axuda Programa APROL

O Colexio Cooperativa Jorge Juan de Perlio informa que se lle condeceu unha axuda do Programa Aprol para o fomento de emprego en cooperativas e sociedades laborais.

Ler máis

De viaxe a Copacabana.

De viaxe a Copacabana.

Os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria fixeron unha viaxe virtual á praia, interpretando coa frauta a canción de Copacabana. Menudos artistas!!!

Ler máis

Axudas Conciliación Laboral e Familiar.

Axudas Conciliación Laboral e Familiar.

Informámoslles de que no DOG sae publicada a convocatoria de axudas dirixida a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias con nenos e nenas de ata doce anos de idade durante o tempo de suspensión de actividade nas escolas infantís 0-3 e centros de ensino non universitario. Ver aqui.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad