Informamos que a entrega de notas de ESO da convocatoria de setembro se realizará o luns 8 de setembro ás 11:30 h.
Informamos que a entrega de notas de ESO da convocatoria de setembro se realizará o luns 8 de setembro ás 11:30 h.
O vindeiro mércores 10 de setembro comezan as clases para as etapas de Infantil e Primaria. A hora de entrada para os alumnos e alumnas será as 09:00 horas da mañá, excepto para os nenos e nenas de 4º Educación Infantil (3 anos) que será adaptado segundo o acordado cos mestres e mestras. Os alumnos e alumnas de Educación Secundaria comezarán as clases o Luns […]
No continuo esforzo de ofrecer respostas formativas que respondan ás cambiantes demandas do noso contorno social e profesional, conseguimos un acordo de colaboración con Cambridge English Language Assessment para que nos vindeiros cursos, vosos fillos e fillas teñan a posibilidade de presentarse aos exames deste organismo internacional. A tal efecto, disporemos de clases extraescolares enfocadas á superación dos exames de acceso a títulos recoñecidos por universidades, empresas […]
Poñemos a vosa disposición as datas dos exames de xuño para os alumnos e alumnas de E.S.O. Picar aquí.
Voltamos a estar de noraboa!!!. Cinco dos nosos alumnos resultaron gañadores dos premios do “Concurso de Postais Navideñas” organizado polo Concello de Fene, a editorial Alfaguara e a librería “Contos”. Mañá, mércores 18 de decembro , realizarase a entrega de premios ás 17 h na Sala de Plenos do Concello. Felicidades aos gañadores. Máis información aquí.
Estimados pais e nais poñemos a vosa disposición o listado dos libros de texto e o material escolar para o próximo curso escolar 2013-2014. Para calquera información ou dúbida non dudedes en poñervos en contacto connosco, através do correo electrónico ou na secretaria do Centro. Moitas grazas e un cordial saúdo. Listado de Libros Curso 2013-14. Libros de Texo e Material Escolar 1º Primaria. Libros de […]
Estimados pais e nais, informamos que queda aberto o prazo de matrícula para aqueles novos alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria e ESO, que queiran inscribirse no noso Colexio. No seguinte enlace podedes acceder a toda a información, así como tamén aos impresos necesarios para realizar os trámites pertinentes.
Os rapaces e rapazas do 1º Ciclo da E.S.O nas materias de Proxecto Interdisciplinar e Cidadanía ,están a traballar nun proxecto da ONG Solidariedade Internacional de Galicia ” O TESOURO DE ACAHUALINCA” ( no blog do proxecto educativo: http://www.acahualincablogspot.com atoparedes noticias interesantes ). Froito do traballo realizado polas rapazas e rapaces e grazas ao ” RAP DE LA INVISIBILIDAD ” escrito por CRISTIAN e PAOLO, […]
Aquí tedes o calendario de exames da segunda avaliación para os rapaces e rapazas de ESO.