Exames 1ª Avaliación en Educación Secundaria.

Aquí tedes as datas dos exames para a 1ª Avaliación de Educación Secundaria. Ver no seguinte enlace: Datas de exame.

Ler máis

Mellora das nosas instalacións.

Atendento as peticións dunha parte do noso alumnado, a finais desta semana colocamos os espellos nos baños das nenas situados no 4º, 3º e 2º andar do noso colexio; asi como tamén unhos dispensadores de papel nos vestiarios do pavillón. Tentaremos, na medida do posible, cubrir todas aquelas necesidades e peticións que nos cheguen.

Ler máis

Alternativas de Ocio no Patio.

Como un sabio dixo no seu día: “Non todo vai ser fútbol”. O noso colexio ofrécelles aos nosos nenos e nenas novas alternativas de xogo para o tempo de lecer no recreo. “Nunca” pensamos que algo tan sinxelo, fose capaz de ofrecer momentos de xogo tan divertidos. Galería de Imaxes.

Ler máis

Proxecto de Radio Escolar.

Dende o Cpr Jorge Juan Perlío  informamos que o alumnado de primaria e secundaria xa está a traballar na posta en marcha dun programa de Radio Escolar para o curso 2015-2016. Divertidas e variadas seccións, producidas  e protagonizadas polos nosos alumnos, tratarán de amenizar e dinamizar algúns dos nosos recreos. Próximamente, habilitaremos tamén na web un espazo específico de cara á participación e divulgación deste […]

Ler máis

Continuamos apostando polas TIC.

Dende o noso colexio, continuamos apostando por ofrecerlle aos nosos alumnos e alumnas os mellores medios e recursos para o seu aprendizaxe. Nesta ocasión dotamos as aulas de 3º ESO de proxector, altofalantes, ordenador con conexión a internet. Seguimos a sumar dúas aulas TIC no noso Centro,  para cubrir todas aquelas necesidades que teñan os nosos rapaces e rapazas. Proximamente teredes máis novas neste campo.

Ler máis

Convenio de colaboración con ASPANEPS.

O centro ocupacional ASPANEPS FENE  e o noso Colexio asinaron esta mañá un acordo  de colaboración, polo cal os rapaces e rapazas desta asociación coidarán do xardin e o horto do centro. Hoxe xa tiveron a primeira toma de contacto co seu novo proxecto. Alegrámonos poder contar coa súa colaboración.

Ler máis

Novidade.

O noso cole pon a disposición de tódolos nenos, nenas, pais e nais unha sudadeira co escudo do noso Centro. Para todos e todas aquelas  persoas interesadas, podedes velas e probalas na secretaría do noso colexio, onde vos informarán do prezo das mesmas segundo a talla. Dispoñemos de tallas dende a 3-4 ata a XL e das cores que vedes na imaxe. Animádevos a presumir […]

Ler máis

Resultado dos exames de Cambridge.

O pasado curso, o noso colexio ofreceu como  actividade extraescolar (inglés) a algúns dos noso alumnos e alumnas, pensando no seu futuro e desenrolo. Os nosos nenos e nenas fixeron os exames de “starters e movers de Cambridge“, a finais do mes de Xuño. Acadando unhos resultados moi satisfactorios. Colaborando moi de preto con Cambridge, estamos formando aos nosos alumnos a alumnas para un futuro mellor. Imos […]

Ler máis

Listado Axudas de Alumn@s para Banco de libros de texto.

Aquí vos deixamos o listado de nenas e nenos de Educación Primaria con dereito ao Banco de  Axudas para os libros de texto. Listado Alumn@s Educación Primaria con dereito a Axuda de Libros. Tamén deixamos o seguinte comunicado da Consellería de Educación da Xunta de Galicia: Que segundo aparece na páxina da aplicación FONDOLIBROS, pertencente á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad