Proxecto de Radio Escolar.
Dende o Cpr Jorge Juan Perlío informamos que o alumnado de primaria e secundaria xa está a traballar na posta en marcha dun programa de Radio Escolar para o curso 2015-2016. Divertidas e variadas seccións, producidas e protagonizadas polos nosos alumnos, tratarán de amenizar e dinamizar algúns dos nosos recreos.
Próximamente, habilitaremos tamén na web un espazo específico de cara á participación e divulgación deste novo recurso educativo, que pretende facilitar recursos alternativos cara o ocio e a comunicación escolar.
Poñemos a continuación un breve resumo dos obxectivos da proposta sobre os que prevalece una MÁXIMA EDUCATIVA: “Divertirse”
Trataremos tamén de :
- a) Formar cara a necesidade do propio coñecemento e a súa difusión.
- b) Coñecer e exercitar en profundidade as posibilidades comunicadoras e socializadoras do mundo da radio.
c)Ampliar o círculo de comunicación escolar a toda a Comunidade Educativa.
d)Propiciar e ampliar os vínculos educativos coas aprendizaxes significativas e as súas competencias.
- e) Desenvolver hábitos lectores e comunicadores: a produción correcta de mensaxes orais, a selección de información, a investigación periodística, o interés pola lectura e a escritura e o desenvolvemento do hábito lecto-escritor creativo e informativo.
- f) Establecer formatos alternativos no traballo do enriquecimeto do vocabulario.
- g) Motivar e presentar alternativas de traballo a aquel alumnado con predisposicións e demandas cara as aprendizaxes.
Tratase de elaborar un programa cada 15 días, podéndose escoitar este como primicia no horario dos recreos de Primaria e Secundaria. Posteriormente, colgarase na páxina web o arquivo en formato mp3 para que todalas familias teñan acceso aos contidos do mesmo.
Seguiremos informando.