Lembrade que facemos un descanso de 4 días e que voltaremos o mércores con moitas ganas.Unha aperta!
Lembrade que facemos un descanso de 4 días e que voltaremos o mércores con moitas ganas.Unha aperta!
Grazas a colaboración co Concello o noso centro contará cun espazo de “bica e arrinca”. Esta mellora que facilita a chegada do alumnado ao centro comezará a poder empregarse a partir de maña, mércores 11 de novembro. A partir desta data poderase parar nos dous sentidos da vía, na zona do paso de peóns, para deixar as/os alumn@s sen ter que estacionar os coches.
O vindeiro luns 26 de outubro, estarà cortado o tráfico na Avenida Tarrío, diante do centro, entre as 9 e as 14h. O motivo é que se van levar a cabo as obras necesarias para adecuar a vía ao Programa BICA E ARRINCA, así como para a construcción dun paso de cebra elevado.
A Xunta Local de Ferrol da Asociación Contra el Cáncer comeza o vindeiro 23 de septiembre a súa cuestación anual.Todos os anos, xs voluntarixs da AECC saen á rúa para recadar fondos que se destinan á investigación oncolóxica. Como podedes imaxinar este ano vai ser diferente, por iso crearon un peto dixital e deste xeito todxs poderedes facer unha aportación cun só clic neste enlace.Dende […]
A ANPA comunica que para transmitir todas as noticias habilitaron unha canle de telegram ANPA CPR JORGE JUAN PERLIO e tamen unha páxina en FACEBOOK: Anpa Cpr Jorge Juan Perlio.
A Xunta apraza o comezo do curso en ESO para os días 23, 24 e 25. Máis info en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31889 Grazas pola vosa atención.
📢 Dende mañá (venres), os horarios de entrada se verán modificados. 🔹 Ed. Secundaria poderá acceder ao centro entre as 8:30 e as 8:45h e subirán directamente para a súa aula onde estarán co profesor correspondente. 🔹 Ed. Primaria accederá de 8:30 a 9:00h e deberán subir a súa aula polo itinerario correspondente. Alí, o seu titor/a estará con eles ata o comezo das clases. […]
Hoxe comeza o curso para unha parte dos alumnos de Educación Infantil e Primaria, e axiña todos voltaremos ás aulas do colexio Jorge Juan. Un curso que como xa sabedes, será algo distinto a outros anos. Temos un reto importante que superaremos entre todos, alumnado, docentes e familias. ÁNIMO!
Os máis de 500 alumnos e alumnas matriculados no colexio Jorge Juan de Perlío iniciarán o curso de xeito progresivo desde este xoves. Así o explica o noso director Angel del Río, en Radio Fene. Podedes escoitar a entrevista completa aquí