Coñecendo os castiñeiros

Coa chegada do outono, o tempo das castañas e os magostos, o alumnado de primeiro e segundo de primaria achegouse ao horto do noso colexio para poder ver de cerca os castiñeiros. Alí fixemos a merenda, puidemos coñecer ben como son os castiñeiros e tamén apañar algunhas castañas. Foi unha visita curta pero moi interesante. Galería de imaxes.

Ler máis

Programas Excursión Fin de Curso 5º e 6º Primaria.

Estimadas familias, deixámosvos os enlaces das propostas dos programas da viaxe de fin de curso, para que poidades botarlles un ollo e escoller entre as dúas opcións, os nenos e nenas levarán unha folla que teredes que cubrir coa opción que máis vos guste. A viaxe realizarase a última semana de curso. Viaxe a Madrid. Viaxe a Portugal.

Ler máis

Camiñata pola Costa Ártabra.

O pasado venres, día 11 de outubro, os alumnos e alumnas de quinto e sexto de Educación Primaria, realizaron unha ruta pola costa ártabra, dende Valdoviño ata o areal de Pantín, onde fixemos unha recollida de plásticos. Galería de Imaxes.

Ler máis

Benvida ao primeiro ciclo

No día de comezo do novo curso escolar, o alumnado de primeiro ciclo de primaria tivo un acto de benvida e presentación no salón de actos. O profesorado, alumnas e alumnos de primeiro e segundo presentáronse e dixeron aos demais como querían que os chamaran e un xeito especial de saudalos.

Ler máis

Comezo do curso 2019-2020

Ler máis

Excursión Fin de Curso Cantabria.

A semana pasada dende o 17 de xuño ata o 21 de xuño, os nenos e nenas de Quinto e Sexto de Educación Primaria realizamos a Excursión de Fin de Curso a Cantabria, onde ao longo da semana fixemos un montón de divertidas actividades. Disfrutamos un montón da viaxe. Galeria de Imaxes.

Ler máis

Teño Talento 2019.

O pasado mes de maio, os nenos e nenas de Quinto e Sexto Curso de Educación Primaria, participaron no concurso de Teño Talento, onde amorason todas as súas habilidades en distintas disciplinas. O xurado tivo moi dificil seleccionar os gañadores pero o máis importante de todo foi a participación e o moito que desfrutamos da xornada. Galería de Imaxes.

Ler máis

Actuación do Mago Benxamín

Este venres, e grazas a ANPA, o alumnado do noso colexio puido gozar coa actuación do mago Benxamín. Un espectáculo envolvente e interdisciplinario, onde a maxia estivo en sintonía coa comedia e a música. Galería de imaxes

Ler máis

Charlas Eusumo.

A pasada semana as alumnas e alumnos de sexto de Primaria e 4º da ESO, poideron disfrutar dunha charla sobre a Economía Social, grazas a Mercedes técnico da Rede Eusumo. Foi un pracer coñecer un pouco máis a fondo este tipo de empresas.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad