Na seguinte ligazón pódese acceder a listaxe de libros de texto para o curso 2020 – 2021: Libros curso 2020-2021
Na seguinte ligazón pódese acceder a listaxe de libros de texto para o curso 2020 – 2021: Libros curso 2020-2021
Hoxe remata o curso escolar, non pudiemos despedirvos como vos merecedes, pero deixámosvos un anaco da nosa alegría e agradecemento por estar aí e confiar en nós. Moi felices vacacións e feliz verán!!! Vémonos pronto!!!
Os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria fixeron unha viaxe virtual á praia, interpretando coa frauta a canción de Copacabana. Menudos artistas!!!
Informámoslles de que no DOG sae publicada a convocatoria de axudas dirixida a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias con nenos e nenas de ata doce anos de idade durante o tempo de suspensión de actividade nas escolas infantís 0-3 e centros de ensino non universitario. Ver aqui.
Antes de nada queremos felicitar a todas e a todos os que participastess nos Xogos Florais. Todos os sonetes que nos chegaron son fantásticos e non podemos máis que darvos a noraboa polo voso traballo e esforzo xa que, como ben sabedes agora, a creación deste tipo de estrofa require unha grande creatividade, dominio das normas métricas e de composición poética. Por iso, felicitámosvos e […]
Os alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria decidiron poñerlle ritmo a este confinamento, dentro da área de Música e constuiron diversos instrumentos de percusión. Menudos artistas!!!!!
Este 17 de maio está adicado a Ricardo Carvalho Calero, estudioso e defensor da lingua galega. Quixemos facer un pequeno homenaxe a nosa lingua, recordando algunhas das nosas palabras favoritas e compartilas con todos vos. https://drive.google.com/open?id=1_vLkldb71AilCFZspXbObUsQ-WFHd0_d
Ola rapaces e rapazas, informámosvos que coma todos os anos, temos que elaborar a portada para a axenda escolar do vindeiro curso. Animámosvos a todos vós para que participedes co voso debuxo. Teredes que facer nun folio A4 en horizontal o debuxo que vos gustaría para a axenda , tendo en conta que é para todo o alumnado de primaria e secundaria. Non fai falla […]
O pasado 23 de abril foi o Día Internacional do Libro, unha celebración que sempre temos no colexio. Este ano as cousas son diferentes, non podemos estar nas aulas, pero non por iso deixamos de celebrar este día. O alumnado de primeiro e segundo de primaria fixo, cada un na súa casa, un marcapáxinas para conmemoralo. Quedan aquí as imaxes