Proxecto: “Agora imos andando ao cole”

Radiofusión entrevista ao director do noso centro en relación proxecto: “Agora imos andando ao cole”. O proxecto é iniciativa da asociación “Stop Accidentes”, ao que se suma o colexio Jorge Juan de Perlío deseñando roteiros seguros para que o alumnado poida acudir a pe ao colexio, a partir do curso que ven. A entrevista completa pódese ler aquí

Ler máis

Obradoiro de Músico-Terapia na Escola Infantil.

Hoxe, martes 12 de febreiro, as nosas mestras da Escola Infantil organizaron un divertido e interesante obradoiro de Musicoterapia; onde poideron participar os nenos e nenas da nosa Escola Infantil acompañados das súas familias. Realizaron diversas técnicas para fomentar a estimulación e aprendizaxe dos bebés coa axuda da música. Moitas grazas ás familias que se animaron a participar!!!!!! Galería de Imaxes.

Ler máis

Continuamos co Programa “Perros y Letras”.

Despois de implantar o ano pasado o Programa “Perros y Letras“, orientada a mellorar as habilidades de lectura dos nenos e nenas que presentaban máis dificultades, neste proceso, e debido aos bos resultados acadados con eles; este ano decidimos continuar co mesmo, e polo tanto, contaremos outro ano mais coa compaña da cadela Nora e a súa responsable Laura. Esperemos acadar os mesmos éxitos que […]

Ler máis

Alumnos/as da ESO coa Robótica.

Un grupo de alumnos/as da ESO do noso cole acudirán o vindeiro 26 de abril de 2019 a competir na “V Competición de Robots de la EEI” na Sede Campus da Escola de Enxeñería Industrial da UVigo. Enlace á web do evento http://eei.robots.webs.uvigo.es/ O obxetivo desta competición é acercar a Universidade aos alumnos da ESO e bacharelato ademáis de promocionar as titulacións da EEI e […]

Ler máis

A NOSA BIBLIOTECA NO PROGRAMA FENESTRA DE RADIO FENE.

O pasado  venres 1 de Febreiro acudimos a Radio Fene a presentar o programa da Biblioteca Escolar do noso cole. Fomos unha representación de alumnas e alumnos para contar e demostrar o traballo que estamos a facer. Este curso entramos a formar parte do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia), polo que estamos a converter a nosa Biblioteca nun espazo dinámico e […]

Ler máis

Xornada Portas Abertas Matrícula Curso 2019-20.

Temos a Xornada de Portas de Abertas o día 22 de febreiro para coñecer o noso centro e o noso proxecto educativo.

Ler máis

Confirmación Matrícula 2019-2020.

Dende hoxe, 1 de Febreiro e ata o 15 de Febreiro iníciase o proceso de reserva de praza para o vindeiro curso 2019-2020, todos/as os alumnos/as que vaian a permanecer no centro o curso que ven, deberán cubrir o formulario ED550A (ben en formato online ou en papel), se o cubren en papel deberán entregalo aos titores/as dos seus fillos/as. As familias teñen de prazo […]

Ler máis

Felices Festas e Próspero 2019.

A mellor mensaxe do Nadal é a que sae do silencio dos nosos corazóns e quenta con tenrura os corazóns dos que nos acompañan na nosa viaxe pola vida. Bo Nadal e Própspero 2019.

Ler máis

Exposición Pinto&Chinto.

Hoxe, martes, 4 de decembro, os rapaces e rapazas de quinto curso de Educación Primaria, nos achegamos ata o Museo do Humor de Fene para visitar a Exposición de Pinto&Chinto no seu 25 aniversario. Foi unha visita moi divertida. Galería de Imaxes.

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad