Con motivo da celebración do Mercadiño de Nadal que celebra o noso colexio o próximo sábado, dende Radio Fene fixéronnos unha entrevista. Quen teñan interese en escoitala poden facelo clicando aquí
Con motivo da celebración do Mercadiño de Nadal que celebra o noso colexio o próximo sábado, dende Radio Fene fixéronnos unha entrevista. Quen teñan interese en escoitala poden facelo clicando aquí
Xa temos listos os nosos cadros, que serán subastados no Mercadillo Solidario do vindeiro sábado 14 de decembro. Cadros que fixemos con toda a nosa ilusión para que cheguen aos vosos fogares. Lembrámosvos que comezaremos a subasta en 5€ e os fondos serán destinados ás asociacións medioambientais: Votádelles un ollo e non os deixedes escapar. Esperámosvos!! Galería de imaxes
Onte 20 de Novembro, quixemos conmemorar a Celebración dos Dereitos da Infancia realizando a presentación dos padriños e madriñas lectores cos seus afillados e afilladas. Xuntos, reflexionamos sobre a importancia dos dereitos e deberes que permiten aos nenos e nenas vivir e convivir con libertade e felicidade, dándolles responsabilidades a uns e certo grado de protección a outros. Coa intención de que desta relación lectora […]
Hoxe mércores 20 de novembro e concedendo co día dos Dereitos da Infancia, programamos a seguinte actividade de cohesión do noso programa do Proxecto TEI. Titores e titorizados decoramos os marcos das fotos que sacamos o pasado venres. Unha actividade que nos achegou a coñecernos moito mellor, compartir e pasar un momento moi entretido. Galería de imaxes
Xa estamos poñendo en marcha o Mercadillo e carreira solidaria. Este ano será o 14 de decembro. Lembrade que todo o que non vos faga falta, pode sernos de utilidade. Vos iremos informando!