Os nenos e nenas de 3º A de Primaria quixeron compartir con todos vos esta lectura titulada “Topito Terremoto” de Anna LLenas. Tedes máis información no blog da biblioteca.
Os nenos e nenas de 3º A de Primaria quixeron compartir con todos vos esta lectura titulada “Topito Terremoto” de Anna LLenas. Tedes máis información no blog da biblioteca.
O 25 de Novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e os mestres e mestras quixemos representar unha versión do conto “Artur e Clementina”, de Adela Turin e Nella Bosnia. Nel invitámosvos a reflexionar sobre as relacións de parella, os conflictos que poden xurdir e como resolvelos, o dereito fundamental de todas as persoas a que as traten con respecto e a […]
Este 24 de outubro non podemos celebrar o día da nosa biblioteca como se merece, pois as circunstancias sanitarias non permiten gozar deste espazo como estabamos acostumados. Pero queremos recordarvos que seguimos funcionando, pensando a maneira de achegar as nosas propostas e compartir con toda a comunidade os nosos contidos. Así que estade moi atentos e atentas as publicacións no blogue de biblioteca blibliotortu.blogspot.com , […]
Está xa elaborado o protocolo para a prevención do Codiv-19 adaptado ao noso colexio. O documento completo pode lerse aquí: Protocolo Codiv-19 Colexio Jorge Juan de Perlío
Xa saíu unha nova edición da revista Tortu news. É o terceiro número da revista da biblioteca do noso colexio, e esta vez feita en pleno confinamento. Clicando na seguinte ligazón podedes ver cal foi o resultado: Tortu news, n.º 3