Outono en Vilalba.

Saida polo paseo fluvial de Vilalba de 50 alumnos de 3° de E.P. acompañados dos seus mestres. Durante a maña do venres fixeron unha ruta de senderismo pola beira do río Magdalena,aproveitando para recoller productos típicos de outono e observando a flora e fauna típica desta fermosa zona. Despois da merenda disfrutaron xogando nas magníficas instalacions da área recreativa. Galería de Imaxes.

Ler máis

Un paseo polas Fragas do Eume.

Este venres , 7 de outubro, os rapaces e rapazas de 4ºA e B de Educación Primaria, inauguramos as salidas deste novo curso. E, de que mellor maneira, que disfrutando dunha bonita mañá outonal nun entorno privilexiado de ribeira, co río Eume como protagonista desta escapada. Primeiramente, nos achegaron no Centro de Interpretación ás principais clases de fauna e flora que alí habitan. Despois comezou a […]

Ler máis

Entrega de Títulos de Cambridge.

O martes 4 de Outubro, no noso colexio fíxose entrega dos títulos de Cambridge aos nosos alumnos e alumnas de Educación Primaria. Os resultados acadados nos exames de xuño foron  excelentes,  esperamos repetir a mesma experiencia e resultado o vindeiro ano. Noraboa rapaces e rapazas!!!!!

Ler máis

Festa de Acollida en Educación Infantil.

O Venres, 30 de Setembro os nenos e nenas de Educación Infantil celebramos a Festa de Acollida. O principal obxectivo desta festa é favorecer a integración dos nenos e nenas á escola. As mascotas Popeta, Peliños, Peloncho, Patoca e Poqué déronnos a benvida ao novo curso escolar e con elas disfrutamos desta festa cantando e bailando as súas cancións, realizando diferentes actividades nas clases  e […]

Ler máis

Xornadas Informativas sobre TDAH.

Informamos que o noso centro colabora coa asociación INGADA nas “Xornadas Informativas sobre Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH)” que se se celebrarán o vindeiro venres día 30 de setembro, ás 16:30 horas no Salón de Actos do noso Colexio. Lembrade que todos/as os que queirades acudir estades invitados, é de balde pero necesítase apuntarse con anterioridade no seguinte e-mail:  ingadainfo@gmail.com. Estas xornadas están […]

Ler máis

Excursión Fin de Curso a Pena Aventura.

Os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria, nos achegamos a pasada semana ata o  país veciño, para desfrutar dun fermoso e divertido parque de aventura “Pena Aventura”. Nas súas instalacións poidemos realizar numerosas actividades onde liberar as nosas enerxías: tirolinas, kayak, tiro con arco, salto vertical, alpine coaster, fantasticable, … e un montón de actividades máis. A pesar do mal tempo […]

Ler máis

Visita de Primeiro e Segundo de E. Primaria á Casa Grande de Xanceda.

Os nenos e nenas de Primeiro e Segundo de Educación Primaria visitaron a “Casa Grande de Xanceda”, nela poideron alimentar aos animais e facer as tarefas propias dun granxeiro; tamén degustaron un iogur ecolóxico feito na granxa, rematando cunha actividade de reciclaxe. Foron unhas xornadas moi divertidas para tod@s el@s. Galería de Imaxes.

Ler máis

Primeiro de Primaria cos Hábitos Saudables.

Onte, xoves 2 de xuño, os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria achegáronse ata o Supermercado Gadis do Inferniño en Ferrol; onde realizaron unha serie de actividades relacionadas co Proxecto de Hábitos Saudables. Ademáis de realizar unha serie de xogos, poideron coñecer e traballar coa pirámide de alimentos e ver en que seccións do supermercado os podían atopar. Desfrutaron moito da visita e […]

Ler máis

Colaboración con Global Humanitaria.

O pasado luns, día 30 de maio, toda as familias que quixeron colaborar coa ONG Global Humanitaria, aportaron o seu gran de area, traendo roupa e calzado para aquelas persoas máis necesitadas. E gran a gran, a solidaridade das familias do noso colexio convertíronse nunha grande montaña. Outra gran mostra da solidaridade das familias do noso centro; por iso outra vez máis AGRADECER A VOSA […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad