Outono nos Pinares.

As nenas e nenos de 1º de Educación Primaria realizaron unha saída de aproximadamente 3 km  polas proximidades do centro, pasando polos campos dos Pinares. Durante esta marcha poideron observar os cambios producidos pola chegada do Outono. Recolleron ourizos, follas de outono e diferentes tipos de cogomelos, sempre guiados por Juanjo, o mestre de Bioloxía do centro.

Galería de Imaxes.