Festival fin de trimestre: “El monstruo de los colores”

Festival fin de trimestre: “El monstruo de los colores”

O pasado martes, 19 de decembro, celebramos no noso colexio o festival de fin de trimestre de primeiro e segundo de Primaria, o alumnado deleitounos cunha marabillosa representación do conto “El monstruo de los colores”. A actividade celebrouse no salón de actos do colexio durante a mañá, coa presenza das familias, a quen agradecemos a súa asistencia. A obra amosou as emocións dun xeito lúdico […]

Ler máis

25N – “Chalk Back”: Non ao acoso na rúa

25N – “Chalk Back”: Non ao acoso na rúa

O pasado 25 de novembro, o noso centro, a Jorge Juan de Perlío, uniuse ás actividades promovidas pola Fanpa Ferrolterra e a área de Igualdade da Deputación da Coruña no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Esta iniciativa contou coa participación de 47 centros escolares de toda a comarca, reunindo máis de 9.000 estudantes comprometidos coa loita por unha sociedade máis igualitaria […]

Ler máis

Saúde bucodental no Colexio Jorge Juan

Saúde bucodental no Colexio Jorge Juan

O pasado martes, 13 de novembro, o alumnado de primeiro e segundo de Primaria participou nunha charla sobre saúde bucodental na biblioteca do colexio, organizada dentro do proxecto de centro Educación para a Saúde. A actividade foi impartida pola doutora Loreto Pérez, quen dun xeito ameno e didáctico explicou a importancia dunha boa hixiene bucodental, os efectos dos alimentos azucrados nos dentes e outros aspectos […]

Ler máis

Samaín

Samaín

Hoxe, o Colexio Jorge Juan encheuse de sustos e risas coa celebración do Samaín. Esta festividade, que mestura tradicións celtas e modernidade, celebra o momento no que a fronteira entre o mundo dos vivos e dos mortos se fai máis fina. O alumnado chegou con disfraces creativos e arrepiantes, e no colexio, decorado para a ocasión, respirábase un ambiente de misterio. Contamos coa colaboración especial […]

Ler máis

Apadriñamento Lector: Promovendo o hábito da lectura na escola

Apadriñamento Lector: Promovendo o hábito da lectura na escola

Entre as actividades organizadas pola biblioteca, o “Apadriñamento Lector” destaca por unir a diferentes idades co obxectivo de fomentar a lectura e consolidar hábitos lectores. Nesta actividade, o alumnado maior convértese en padriño ou madriña lectora, lendo en voz alta aos compañeiros máis novos, recomendándolles lecturas e guiándoos no descubrimento de novas historias. Esta semana realizáronse as primeiras sesións, onde cada padriño coñeceu ao seu […]

Ler máis

Colaboración con Global Humanitaria

Colaboración con Global Humanitaria
Ler máis

Excursión ao Muiño de Pedroso

Excursión ao Muiño de Pedroso

O Primeiro Ciclo de Primaria fixo unha excursión para desperdir o curso. O lugar elexido foi un acerto, no Muiño de Pedroso, pese ao tempo murcho que tivemos, gozamos facendo pan, elaborando unha “bolsa de Xudas” con coiro, do tiro con arco, dos xogos co paracaidas, aprendendo das pegadas dos animais. E sobre todo compartindo o tempo cos compañeiros e compañeiras. Foi un gran día […]

Ler máis

Festa de Fin de Curso no noso colexio

Festa de Fin de Curso no noso colexio

Chega o verán e con el remata un novo curso escolar. O pasado venres, 14 de xullo, foi día escollido para a Festa de Fin de Curso que organiza a ANPA. Despois de gozar da festa, queremos expresar o noso agradecemento á ANPA polo esforzo e dedicación para facer deste día un evento tan especial. E agradecer tamén a todos os que participaron e fixeron […]

Ler máis

Exposición: “O bosque animado”

Exposición: “O bosque animado”

Este venres pasado pechou con grande éxito a exposición: “O bosque animado”. O que foi o Proxecto de Centro de este ano, e que artellou a maioría das actividades realizadas durante curso, deixou ao finalizar unha grade cantidade de materiais: traballos e pezas elaboradas ao longo do curso, xogos, curiosidades, actividades interactivas, proxeccións… Estivo intimamente ligado co proxecto Voz Natura. Así, ademais da exposición no […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad