Magosto 2018.

O pasado mércores, 31 de outubro, os nenos e nenas do Colexio, celebramos o tradicional magosto; onde cada nivel e cursos realizaron distintas actividades relacionadas con dita festividade: os nenos e nenas disfrazáronse, elaboraron e decoraron cabazas,bailamos,os maiores tiveron unha xincana,….  e como non, comemos as castañas asadas. Galería de Imaxes.

Ler máis

Outono nas Fragas do Eume.

Os alumnos/as de 4°de primaria visitamos hoxe As Fragas do Eume en Pontedeume, un dos bosques de riveira mellor conservados de Europa. Antes de comezar o noso paseo explicáronnos que era un parque natural e o comportamiento que debíamos ter nel de respecto ao medio tanto natural como animal que nos atoparíamos na nosa visita, así  como o clima tan particular propio destas fragas. A […]

Ler máis

Visita á Granxa “O Cancelo”.

O pasado venres, día 19 de outubro, os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria visitaron as instalacións da granxa do Cancelo, situada en Miño. Alí coñeceron a vida das vacas, a súa alimentación, interactuaron con elas e poideron ver os terneiros acabados de nacer. Visitaron a sala de ordeño e observaron o proceso. Fixeron tamén batidos e degustaron o xeado natural […]

Ler máis

Convivencia e Dinamización Proxecto TEI en Secundaria.

O pasado mércores, día 26 de setembro, os rapaces e rapazas da ESO, participaron nunha xornada de convivencia e dinamización do Proxecto TEI. Neste comezo de curso, os alumnos e alumnas da ESO, achegáronse ata a praia do Vilar onde coa realización dun bautismo de surf, voleibol, fútbol, coidado medioambiental e unha masterclass de yoga entre outras actividades; así comezaron coas primeiras dinámicas do Proxecto […]

Ler máis

Celebración 50 Aniversario.

O pasado 22 de xuño de 2018, celebramos o 50 Aniversario da fundación do noso Centro educativo; e a mellor maneira de festexalo foi organizando, xunto co ANPA, unha festa para tódolos/as familias dos nosos/as alumnos/as e persoas que quixeran pasar un bo rato. Ao longo da tarde fixéronse diversas actividades: bailes, expsicións, hinchables, comida,…. E esperamos que todos/as desfrutárdes tanto como nós. Galería de […]

Ler máis

Excursión a Marcelle.

O mércores, 30 de xuño terceiro e cuarto de primaria visitamos Marcelle; un parque natural que protexe a fauna silvestre e conserva a natureza. Os animais que alí atopamos están aloxados de maneira que se respectan as súas necesidades físicas e psicolóxicas. Son animais rescatados e procedentes doutros zoos e non capturados. Con esta visita pretendemos concienciar, coñecer e sensibilizar sobre o coidado e conservacion […]

Ler máis

Entrega Diplomas Proxecto TEI.

Termínase o curso e con el a nosa labor de tutores e tutorizados. Esto non quere dicir que xa olvidemos a conduta de actuación ante os conflictos que nos xurdan ou, a intervención que poidamos ter ante os problemas doutros. A sesión que fixemos  foi de Acrosport. É unha actividade que combina acrobacia e coreografía; unha actividade de cohesión e confianza cos compañeiros que facemos grupo. Ao rematar os […]

Ler máis

Cans de rescate.

Hoxe, 18 de xuño, nos visitaron no colexio un membro de “Cans de Rescate de Galicia”. Fixéronnos unha exhibición de obediencia de dous dos cans que pertencen á plantilla. Seguidamente planificaron unha situación de rescate na que se viron involucrados os propios rapaces. Así mesmo aproveitaron a ocasión  para falar da importancia da adquisición de cans de compañía, o compromiso que representa e os valores […]

Ler máis

Despedida do Curso da ESO en Cerceda.

O xoves, 21 de xuño, foi o último día de cole; e para despedirnos dos nosos almunos e alumnas da ESO fomos a pasar o día ao Parque Acuático de Cerceda. Alí poideron disfrutar das instalacións: piscinas, tobogáns e moito sol. Foi unha xornada moi divertida tanto para os alumnos/as como para os profes. Agora a disfrutar das vacacións!!!!!

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad