Visita á Granxa “O Cancelo”.
O pasado venres, día 19 de outubro, os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria visitaron as instalacións da granxa do Cancelo, situada en Miño. Alí coñeceron a vida das vacas, a súa alimentación, interactuaron con elas e poideron ver os terneiros acabados de nacer. Visitaron a sala de ordeño e observaron o proceso. Fixeron tamén batidos e degustaron o xeado natural de fabricación propia.