Colexio Plurilingüe Jorge Juan Perlío

Xornada de Atletismo Divertido.

O pasado venres, día 23 de marzo, os nenos e nenas de Educación Primaria, achegáronse ata o Pavillón da Xunqueira para participar na Xornada de Atletismo Divertido organizada polo Concello de Fene. Nesta xornada os nosos nenos e nenas poideron amosar as súas capacidades nas distintas modalidades organizadas. Galería de Imaxes.

Ler máis

Cinensino.

Onte, día 22 de marzo do 2018, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria, tiveron a xornada de Cinensino correspondente ao 2º Trimestre. Nesta ocasión e como coincidia co Día da Auga, a película que poidemos ver estaba relacionada co coidado e respecto ao medio ambiente, “Hermanos del Viento”. Gozamos das fermosas paisaxes que se podían ver nesta entretida película. Galería […]

Ler máis

4º Educación Primaria de visita en A Coruña.

Este luns, 19 de marzo, os rapaces e rapazas de 4° de E.Primaria, fixeron unha saída lúdica/educativa á Domus e á torre de Hércules,onde a parte de disfrutar das instalacións, aprenderon moitas curiosidades da evolución do home,os sentidos ,a anatomía humana…, veron un documental en 3D, e remataron a excursión coa visita ó faro romano da Torre de Hércules. Galería de Imaxes.

Ler máis

Celebración do Día da Árbore e Día da Auga.

O día 21 de marzo conmemórase o Día Forestal Mundial e o día 22 de marzo, por decisión da ONU en 1993, conmemórase o Día Mundial da Auga, que neste ano 2018 refírese a calidade da auga, necesaria para a conservación de ecosistemas sans e para o benestar humano. Para conmemorar, de xeito transversal e interrelacionado estas dúas efeméride dende o Concello de Fene propúxonos para os […]

Ler máis

Listado de admitidos/as na Escola Infantil para o Curso 2018-2019.

Xa tedes a vosa disposición no taboleiro da secretaria do centro o listado de alumnos/as admitidos/as na Escola Infantil para o curso escolar 2018-2019. Agora abrimos o prazo de formalización de matrícula co pago da reserva de praza, este prazo remata o 28 de marzo. Podedes achegarvos pola secretaría para comprobar si estades admitidos/as ou chamar ao teléfono 981340109 para consultalo.

Ler máis

Visita a Exponav de 1º e 2º de Educación Primaria.

Na mañá de hoxe, venres 16 de marzo, os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria se achegaron ata a cidade de Ferrol para visitar o Museo da Construcción Naval “Exponav”. Alí percorreron as distintas salas onde observaron as distintas pezas do museo relacionadas coa construcción naval. Galería de Imaxes.

Ler máis

Concerto de Susa Herrera.

Onte, mércores 15 de marzo, tivemos a sorte de que os nenos e nenas de Educación Infantil e Educación Primaria disfrutaran dun concerto a man da cantautora Susa Herrera. Ao longo da mañá, en dúas sesións, os nenos e nenas participaron na presentación do seu traballo “En Cabarceno se sigue cantando” e “Cantos animales”. Todos cantamos e bailamos ao son destas divertidas cancións. Foi unha […]

Ler máis

Contacontos pola Igualdade.

O pasado martes, día 13 de marzo, os nenos e nenas de 1º, 2º 3º e 4º de Educación Primaria poideron desfrutar dunha actuación dun contacontos, onde a temática xiraba entorno a igualdade de sexos. Os nenos e nenas desfrutaron desta actuación organizada polo Concellería de Servizos Sociais do Concello de Fene. Galería de Imaxes.

Ler máis

Participación no Concurso da ONCE sobre a Escola Inclusiva.

A ONCE fainos entrega dun certificado pola participación no seu concurso  sobre a escola inclusiva. Os nenos e nenas  de 1ºB, 2º B y 3º B de ESO participaron creando uns videos sobre o tema. Seguimos formando aos nosos alumnos e alumnas na igualdade de oportunidades. Moi bo traballo rapac@s!!!!!

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad