Este cartel foi elaborado polos rapaces e rapazas de ESO.
O pasado venres, día 11 de maio, os nenos e nenas de 5º curso de Educación Primaria, achegáronse ata a Casa da Cultura de Fene para visitar e coñecer algunhas das obras de Beatríz Seijo na exposición titulada “Retrospectiva”, a cal nos explicou con moita amabilidade ás súas obras. Gustaríanos agradecer a Beatriz a súa amabilidade e decirlle que disfrutamos un montón do seu traballo, […]
O pasado 10 de maio, recibimos a visita de David Barro López, como convidado ao ciclo de charlas que conmemoran o 50 Aniversario da escola. Compartiu aulas con algúns dos profesores actuais. Licenciouse en Historia del Arte pola Unviersidade se Santiago de Compostela e hoxe é unha figura de recoñecido prestixio nacional e internacional no eido da Arte Contemporánea: foi director da Fundación Luis Seoane, […]
A lectura está presente nas nosas vidas, pero cómo os rapaces chegan a disfrutar dun libro… é un misterio que só eles saben. Por iso durante esta semana especial, quixemos poñer ao seu alcance e de maneiras diversas o acceso aos libros, as historias fantásticas, a lectura e a narración, a vivenza e dramatización… Compartimos libros, compartimos lecturas no patio e na biblioteca, viñeron a […]
Os rapaces e rapazas de 4º curso de ESO saíron este luns, 7 de maio con destino a Madrid, aínda que visitarán outras cidades como Segovia e Toledo. Realizarán un montón de interesantes visitas. Seguro que están a disfrutar da merecida viaxe de fin de curso que lembrarán durante moitos anos. Esperemos que gocen da cidade, monumentos, lugares, compañía,… ao máximo. Boa viaxe!!!! Galería de […]
Esta semana os aumnos e alumnas de Educación Infantil realizamos unhas divertidas xornadas de Educación Viaria. O mércores os nenos e nenas de 5 anos fixeron unha visita combinada ao Parque de Educación Viaria de Barallobre e máis o Museo do Humor de Fene. Os nenos e nenas de 4 anos fixeron un divertido circuito no pavillón do centro organizado por Protección Civil. E hoxe […]
Xa temos data !!!!!! O vindeiro venres, 22 de xuño do 2018, celebraremos o noso 50 Aniversario; a partir das 16:00 h. no patio do colexio compartiremos moitas actividades xuntos/as. Estades todos e todas convidados/as (alumnos/as, pais, nais, exalumnos/as, veciños/as,…) para poder disfrutar dunha tarde en boa compañía. As actividades estarán organizadas polo ANPAe os colexio. En breve informaremos das actividades e exposicións que levaremos […]
Hoxe, 26 de abril, tivemos como convidado especial no ciclo de charlas de ex-alumnos/as a Eduardo Rouco Couzo, Rexistrador da propiedade de Ferrol, licenciado en dereito e co grado de filoloxía inglesa, moi querido compañeiro de clase de parte do profesorado actual. Gracias Eduardo por aportar a túa experiencia e coñecementos aos rapaces de ESO e animalos a seguir o teu exemplo. Galería de Imaxes.
Outro ano máis, participamos no concurso literario escolar “Carta a un militara español” promovido polo Ministerio de Defensa, de forma exitosa. Noso alumno de 4º da ESO Abraham Allegue Arnoso acudiu no día de onte, acompañado dos seus pais e profesores, á Subdelegación de Defensa de A Coruña para recoller o seu premio e posteriormente, celebrouse un almorzo de confraternización ao que asistiron os participantes, […]