Galería de imaxes
Dende esta semana comeza reparto leite durante os recreos para todo o alumnado dende infantil a secundaria. O CPR Plurilíngüe Jorge Juan acóllese ao programa do FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) que ten por obxecto concienciar á comunidade escolar da importancia dun consumo de froita fresca e lácteos. A través del, o noso centro fará un reparto diario dunha peza de froita fresca e […]
Seguimos coas nosas xuntanzas de Tutorías entre Iguais, e que mellor día que hoxe!, o día da Paz, para realizar a nosa quinta actividade deste curso. Galería de imaxes
Hoxe os nenos e nenas de 3 anos de EI acercáronse ata o Eroski para coñecer mellor cómo é un súper por dentro e visitar as súas dependencias. Pasárono en grande e estiveron moi atentos e atentas as explicacions que lles daban os distintos profesionais. https://drive.google.com/drive/folders/1gd7Y1_NNum9qFXLwS2pF49FozHIS7i4Q
O alumnado de 4º ESO visitou a cidade de A Coruña para ver o espectáculo “La batalla” no Palacio da Ópera e acudir á Casa de las Ciencias. “La batalla” é un concerto co rap, trap, improvisación e beatbox como ingredientes do enfrontamento entre dous “galos” que deben superar probas empregando as súas palabras e enxeño até que un é declarado gañador. A Casa das […]
O pasado 21 de xaneiro os cursos de 2° da ESO foron de excursión a Santiago no contexto do estudo do Románico na asignatura de Historia. Alí disfrutaron dunha visita guiada ao recén restaurado Pórtico da Gloria primeiro, adentrándose no ambiente universitario despois visitando a Facultade de Medicina e a Biblioteca Xeral no Pazo de Fonseca. Como colofón un paseo polo centro histórico para familiarizarse […]
Comunicamos a convocatoria de axudas ás personas que teñan fillos/as menores de 3 anos. A prestación consistirá nun pago único por cada filla o flljo menor de tres anos. A cuantía será a seguinte: a) Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros. b) Cando sexa a segunda filla ou fillo : 1.200 euros. c) Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 […]
Neste novo curso e co obxectivo de mellorar as habilidades da lectura do noso alumnado, retomamos o proxecto de lectura asistida con cans: “Perros y Letras”. A cadela Nora animará a ler a alumnos e alumnas de primeiro e segundo de primaria, aos que acompañará na súa lectura semanalmente. A vantaxes que supón a lectura con este animal son a motivación, a confianza e a […]
O curso pasado varios niveis do cole participaron nun concurso da asociación Stop Accidentes con debuxos sobre a necesidade de regular as chegadas e saídas dos coles, ter pasos seguros no entorno, responsables que regulen o tránsito, zonas seguras para circular… Entre todos os debuxos de nenos e nenas de Galicia seleccionaron un do noso cole, que incluíron nun calendario onde se recopilan os máis […]