Con motivo da conmemoración do día internacional das mulleres leváronse a cabo no centro lecturas interciclo, na que as e os mais maiores leron contos con valores aos mais pequenos e pequenas do centro. GALERÍA IMAXES
Con motivo da conmemoración do día internacional das mulleres leváronse a cabo no centro lecturas interciclo, na que as e os mais maiores leron contos con valores aos mais pequenos e pequenas do centro. GALERÍA IMAXES
Este pasado martes 10 de marzo, 30 alumnas de todas as etapas educativas do centro participaron no XIX maratón de lectura “Fene lendo mulleres”. Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller recitaron poemas, leron textos e manifiestos onde se reivindicaba a labor feita polas mulleres e a súa loita pola igualdade.
Na clase de 5º E.I B aprendimos durante estes días sobre diferentes mulleres relevantes da historia en diversos campos da vida. Para poñer o punto final a toda esta aprendizaxe pedimos a colaboración das familias que buscaron nas súas casas a muller elixida por cada nena e neno, finalmente na aula elaboramos este chamativo collage.
As pequenas e pequenos de clase de tres aniños B estiveron traballando na aula este trimestre sobre a primatóloga Jane Goodall. Aproveitando a conmemoración do 8M realizaron este maravilloso mural.
Con motivo da celebración do 8M realizaron uns preciosos debuxos sobre as mulleres máis importantes das súas vidas e en gran grupo elaboraron un mural sobre unha pioneira nas viaxes espaciais. VER GALERÍA IMAXES
Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller o 8 de marzo, @s alumn@s do centro fixeron diversas actividades en torno á temática “igualdade de xénero”. O alumnado de 2° da ESO gravou un programa de radio “especial mulleres” que podedes escoitar neste link: Programa de radio Podedes ver tamén unha exposición de traballos sobre as biografías de mulleres loitadoras e ilustres das distintas […]
Con motivo da conmemoración do 8 M estanse a levar a cabo na biblioteca do centro xuntanzas nas que os nenos e nenas de primaria leen contos relacionados coa temática aos pequenos e pequenas de infantil. Galería de imaxes
Durante dúas xornadas, coa colaboración de Eroski, o alumnado de 4° de primaria recibiu formación sobre alimentación para a saúde. Primeramente participaron nas charlas educativas e a continuación visitaron as instalacións do supermercado, onde puideron recoñecer as diferentes seccións e alimentos. Para finalizar disfrutaron dunha saudable merenda, amenizada con distintos xogos. Galería de imaxes
A apertura do prazo de admisión para o vindeiro curso 2020-2021 comeza esta primeira semana de marzo e rematará o día 20 do mesmo mes. Podédesvos achegar ao centro de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 ou chamar ao 981 34 01 09.