IMAXES
Debido ás circunstancias actuais modifícanse os prazos de inscripción e matrícula. Desde o próximo luns 16 de marzo ata o 30 de abril estará aberto o prazo de preinscripción para a Escola Infantil Jorge Juan. A publicación da lista de admitidos e o período de matrícula serán do 4 ao 15 de maio.
Enlace á web da Consellería de Educación
Comunicamos que este centro permanecerá pechado a partir do vindeiro luns, 16 de marzo, segundo está a comunicar o Presidente da Xunta nos medios de comunicación. Asemade e aínda que o centro permanecerá aberto maña venres 13, recoméndase que os alumnos non acudan ao centro, sempre seguindo as recomendacións do Presidente da Xunta. O venres 13 tamén pechará a ludoteca e xa non haberá este […]
As nenas e nenos de 4 e 5 anos invetaron poesías onde tiveron moi presentas as mulleres en especial as súas nais. Hoxe na biblioteca deron un recital a todas e todos os seus compañeiros e compañeiras de infantil. IMAXES
Aproveitando elementos da natureza coma son cachiños de madeira, as nenas e nenos de 5 anos crearon verdadeiras marabillas á vez que traballaron na discriminación de formas e tamaños. Nas seguintes imaxes podedes ver : representación do Big Ben, casas,reloxos,barcos…