Podedes ver as datas dos exames da ESO do 1º trimestre nesta ligazón.
O pasado 25 de novembro, o noso centro, a Jorge Juan de Perlío, uniuse ás actividades promovidas pola Fanpa Ferrolterra e a área de Igualdade da Deputación da Coruña no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Esta iniciativa contou coa participación de 47 centros escolares de toda a comarca, reunindo máis de 9.000 estudantes comprometidos coa loita por unha sociedade máis igualitaria […]
O alumnado de primeiro e segundo de Primaria gozou dunha visita inesquecible ao Cuartel da Mariña en Ferrol. A xornada comezou cun concerto didáctico, onde a música, as ensinanzas e algunha que otra broma, fixeron que o momento fose tan educativo como entretido. Despois, asistimos a unha emocionante exhibición de cans adestrados. Ademais de marabillarnos coa súa destreza, aprendemos sobre o seu importante labor de […]
O pasado martes, 13 de novembro, o alumnado de primeiro e segundo de Primaria participou nunha charla sobre saúde bucodental na biblioteca do colexio, organizada dentro do proxecto de centro Educación para a Saúde. A actividade foi impartida pola doutora Loreto Pérez, quen dun xeito ameno e didáctico explicou a importancia dunha boa hixiene bucodental, os efectos dos alimentos azucrados nos dentes e outros aspectos […]
Durante a última semana, no CPR Jorge Juan de Perlío, realizamos unha campaña de recollida de alimentos e material para apoiar ás persoas afectadas pola DANA na Comunidade Valenciana. Grazas á solidariedade de toda a comunidade educativa, fomos recollendo e clasificando doazóns, como auga, alimentos non perecedoiros, mantas, sacos de durmir, produtos para bebés e ferramentas básicas. Todo o material recollido saiu hoxe con destiono […]
O alumnado de 4º de Primaria visitamos o Museo etnográfico da Capela. Este museo recuperou do ouvido elementos da cultura tradicional galega . Con esta visita achegarémonos ás formas de vida e o traballo das xentes da zona; maneiras que están a punto de perderse polo paso do tempo. Aproveitaremos para facer unha ruta a pe polo Río Sesín. Galería
A rapazada de ESO participou na celebración do Samaín con torneos de fútbol feminino e masculino. Aquí os tedes lucindo os premios.
Hoxe, o Colexio Jorge Juan encheuse de sustos e risas coa celebración do Samaín. Esta festividade, que mestura tradicións celtas e modernidade, celebra o momento no que a fronteira entre o mundo dos vivos e dos mortos se fai máis fina. O alumnado chegou con disfraces creativos e arrepiantes, e no colexio, decorado para a ocasión, respirábase un ambiente de misterio. Contamos coa colaboración especial […]