Hoxe en Conexión Tarrío celebramos o programa especial 8M. Na seguinte ligazón podedes escoitar todo o audio Programa radio 8M
Hoxe en Conexión Tarrío celebramos o programa especial 8M. Na seguinte ligazón podedes escoitar todo o audio Programa radio 8M
O alumnado de cuarto de Educación Secundaria do noso colexio acudirá ás VII Xornadas de Orientación da comarca de Ferrol, que se celebrarán o vindeiro 25 de febreiro no Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol. Alí coñecerán de primeira man a oferta educativa máis próxima para continuar os seus estudos. Nestas ligazóns podedes consultar os detalles do evento: Doutra banda, tamén pode ser […]
O pasado 19 de febreiro, o Colexio Jorge Juan de Perlío puxo fin ás celebracións do entroido cunha xornada chea de alegría e diversión. O alumnado chegou ao centro cos seus disfraces máis creativos, enchendo o colexio de cor e bo ambiente dende primeira hora. A mañá continuou cunha chocolatada e co agardado concurso de disfraces, no que non faltaron a imaxinación nin as risas. […]
O Entroido é, sen dúbida, unha das celebracións máis agardadas do curso, e este ano volveu encher o noso colexio de cor, creatividade e moita alegría. Durante toda a semana, o alumnado foi cumprindo con entusiasmo os tradicionais mandatos do Meco, preparando así o ambiente para a gran festa final. Hoxe, 13 de febreiro, celebramos o noso desfile de disfraces. A chuvia obrigounos a facer […]
O Colexio plurilingüe Jorge Juan de Perlío deu a coñecer esta semana as súas xornadas de portas abertas nunha entrevista no programa A Fenestra. A directora, Ascen Bravo, e a mestra de Educación Infantil, Cristina Rodríguez, explicaron na radio o funcionamento do centro e convidaron ás familias interesadas a achegarse para coñecer de primeira man a súa oferta educativa. Durante a conversa destacaron que estas […]
A rapazada de 1º de ESO visitou a exposición de fotografías de Tim Flach en Ferrol. O pasado 5 de febreiro os grupos de 1º de ESO visitaron a exposición do recoñecido fotógrafo británico Tim Flach na sede de Afundación en Ferrol.Ademáis de observar as 45 fotografías da exposición, as alumnas e alumnos participaron nun obradoiro práctico no que simularon a monitorización dun oso polar […]
O pasado venres, 30 de xaneiro, o Colexio Jorge Juan de Perlío conmemorou o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, unha data que coincide co aniversario do falecemento de Mahatma Gandhi e que nos lembra a importancia do diálogo, do respecto e da resolución pacífica dos conflitos. Trátase dunha xornada para educar en valores e para reforzar a idea de que a paz […]
Se desexas coñecernos máis de preto, descubrir o noso proxecto educativo, visitar as nosas instalacións ou resolver calquera dúbida sobre a educación do teu fillo/a, invitámoste a participar na nosa Xornada de Portas Abertas: Venres 20 de febreiro, ás 16:00Venres 6 de marzo, ás 16:00 É recomendable solicitar cita previa no teléfono do colexio: 981 34 01 09.