@s nosos peques e as familias disfrutamos do festival relacionado co noso proxecto de centro “O BOSQUE ANIMADO”. Aqui tedes os videos das actuacións. Videos das actuacións
@s nosos peques e as familias disfrutamos do festival relacionado co noso proxecto de centro “O BOSQUE ANIMADO”. Aqui tedes os videos das actuacións. Videos das actuacións
Esta semana visitamos Correos. Comprobamos onde gardan “Papá Noel” e os “Reis Magos” as cartas que mandamos e estampamos as nosas. Aproveitando a saída deixamos uns detalles no Centro de Saúde, na Policia, no Concello e tamén en Correos. Podedes ver as fotos na seguinte ligazón. Galeria de imaxes
Hoxe, 14 de decembro, o alumnado do Colexio Jorge Juan tivo o pracer de recibir a visita dun personaxe moi especial: o Apalpador. Vestido coas súa roupa de carboeiro e a súa emblemática barba, o Apalpador non só trouxo a maxia do Nadal, senón tamén unha mensaxe sobre o coidado do medio ambiente e a importancia de consumir produtos galegos saudables. Involucrou a todos os […]
Hoxe tivemos a visita das voluntarias da protectora de animais da Asociación Cometa que explicaron a labor desinteresada que realizan cos cans e gatos abandonados. Coñecimos a Dua, unha cadela moi boa e cariñosa que pasou pola protectora e agora vive feliz nun fogar de adopción. Grazas a asociacion cometa por presentarnos o seu traballo. Galería
Este martes, 28 de novembro, alumnado segundo da ESO do noso colexio realizaron unha enriquecedora excursión á Casa Museo de Wenceslao Fernández Flórez, situada en Cecebre, Cambre. A visita ofreceu unha fascinante visión da vida e obra deste ilustre escritor, e tamén da súa obra máis coñecida, “El Bosque Animado”, que como sabedes coincide no título co proxecto de centro deste ano. Baixo a dirección […]
No Colexio Jorge Juan, unímonos nun esforzo colectivo contra a violencia de xénero no “25 N”, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Esta data lembra a necesidade urxente de erradicar a violencia de xénero. No “25 N”, o noso colexio comprometeuse con actividades que conciencian, educan e axudan a combater a violencia contra a muller. Reafirmámonos no compromiso de educar non […]
Estamos emocionados de presentar o noso novo blog, “Proxecto Verde”, dedicado ás nosas actividades no marco do proxecto Voz Natura. Aquí, compartiremos experiencias, logros e actividades relacionadas co medio ambiente desenvolvidas no colexio. Animamos a todos a explorar o blog para seguir de preto as nosas aventuras ambientais. Podes acceder a través do sitio web https://proxectoverde.blogspot.com/ Con esta iniciativa divulgativa pretendemos fomentar unha maior concienciación […]
No Colexio Jorge Juan de Perlío, celebramos con entusiasmo o Día Internacional da Infancia, un día dedicado a recoñecer e promover os dereitos fundamentais dos nenos e nenas en todo o mundo. Este ano enlazámola celebración co noso proxecto de centro, “O bosque animado”, e co proxecto Voz Natura. As mestras de infantil e de segundo de primaria representaron unha entretida obra teatral no noso […]
O pasado xoves, 16 de novembro, o alumnado de primeiro e segundo de primaria viviron unha inesquecible experiencia teatral na excusión que fixemos a A Coruña, no colexio San Juan Bosco. A obra que vimos “El ratón Pérez”, máis alá dun mero entretemento, ofreceunos unha oportunidade de explorar conceptos clave como a amizade e o traballo en equipo, ademais de abordar a importante cuestión da […]