Colexio Plurilingüe Jorge Juan Perlío

1º Ciclo de Educación Primaria en Aquaciencia.

Os nenos e nenas gozaron dunha soleada mañá no Xardín Didáctico de Aquaciencia. De xeito ameno e atractivo, os alumnos/as pasearon polo xardín e, mediante distintos enxeños, trebellos, maquetas, paneis e xogos, descubriron a auga, a súa utilidade, enerxía e os seus principios dinámicos. Galería de Imaxes.

Ler máis

Xornada de Portas Abertas.

O centro realizará unha xornada de “Portas Abertas” orientada  a informar e resolver dúbidas ás familias, que estén interesadas no noso Centro,  no tocante a: Infraestruturas, proxecto educativo, horarios, actividades, metodoloxías, servizos, … Venres 13 de marzo ás 18:00 horas na biblioteca do centro. Non dubidedes en vir. Esperámosvos!!!!!

Ler máis

Colaboramos con Global Humanitaria.

Estimados pais/nais/titores: Dende o Centro e dando continuidade o noso proxecto de solidariedade ,colaboraremos coa ONG Global Humanitaria nunha campaña de recollida de roupa e calzado usado. A  tal efecto, dende o centro escolar poñemos a vosa disposición unhas bolsas específicas facilitadas pola ONG para que aquelas familias que o desexedes,  poidades participar sen ningún tipo de compromiso engadido. A s datas de devolución destas […]

Ler máis

Exames 2ª Avaliación de ESO.

Aquí vos deixamos o enlace cos exames correspondentes á segunda avaliación para Educación Secundaria. Picar aquí.

Ler máis

Celebración do Día Mundial das Enfermidades Raras.

A Federación Española de Enfermidades Raras (FEDER) lanza de xeito oficial a Campaña polo Día Mundial das Enfermidades Raras baixo a mensaxe “Hai un xesto que o cambia todo”. Pero FEDER non o fai só. Para lograr que esta mensaxe alcance o seu máximo impacto conta con embaixadores de excepción. En concreto, Iñaki Gabilondo, Anne Igartiburu, Eduardo Punset e Sergi Arola únense a esta Campaña […]

Ler máis

Colaboración con Save the Children.

Dende esta asociación nos envían o seguinte agrdecemento por colaborar con eles: “Apreciados amigos. Hemos recibido vuestra inscripción en Día del Libro. Marcapáginas por la Solidaridad. Muchas gracias por vuestra participación.”

Ler máis

Homenaxe a Rosalía de Castro.

Os alumnos e alumnas de 3º ciclo de Educación Primaria, celebramos o aniversario do nacemento da poetisa galega, Rosalía de Castro, facendo unha pequena homenaxe, a cal nos permitu coñecer un pouco da súa vida e algunhas das súas obras máis importantes. Xuntámonos no Salón de Actos do Centro, onde poidemos ver unha presentación sobre a vida desta autora galega. Para despois recitar unhos poemas […]

Ler máis

Entroido 2015

Un ano máis festexamos e disfrutamos destas datas en homenaxe a Don Carnal. Aproveitamos o tema do proxecto de centro deste ano para disfrazarnos (dende os mais pequenos aos mais grandes) e disfrutar así da xornada festiva no centro. Velaquí tedes as fotos deste ano… Disfrutádeas!  

Ler máis

Curso sobre os Perigos de Internet.

Dende o IES-FENE nos convidad a participar nun Obradoiro de Formación para pais/nais impartido por persoal do Observatorio de Educación Dixital sobre Identidade Dixital, Perigos na Internet e Búsqueda de información. Basicamente serían dos sesións formativas de 1:30 – 2:00 horas de duración, separadas con unha semana de distancia entre unha e outra para que se poidan realizar exercicios, probas e permitir un marxen de […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad