Viaxe Fin de Curso 4º ESO.

Fene-Segovia-Garganta de los Montes (Madrid)-Madrid-Fene.

Do luns, 11, ao venres, 15 de maio.

Este curso despedimos aos nosos alumnos e alumnas maiores cunha viaxe de aventura, natureza, cultura, aprendizaxe e ocio.

Aventura e natureza vivíronas na Serra de Madrid: cordas, tirolinas, piragüismo e ata un pouco de astronomía. E moito bicho.

Tiveron ocio para todos os gustos: Zoo-Aquarium, Parque de Atracciones, O Rei León, cine, Champions League, compras e saídas nocturnas.

Os profesores quedamos abraiados cos coñecementos que amosaron na nosa visita ao Museo Nacional do Prado. Parabéns aos nosos compañeiros.

A nivel práctico, estamos orgullosos de terlles aprendido aos nosos alumnos e alumnas como funciona o metro. A meirande parte deles, subiron ao metro por primeira vez e logo puideron desplazarse pola súa conta sen perderse.

Os profesores quedamos encantados co comportamento de todo o grupo. Intentamos que fose unha bonita viaxe de despedida para todos os alumnos e alumnas. Esperamos telo conseguido.