Despois de pasar todo este mes, por fin, xa temos gañadores do Torneo de Baloncesto, organizado durante os recreos de ESO; felicitacións para eles e desexamos que en vindeiros cursos sigades dinamizando os recreos con este tipo de actividades. Noraboa.
Informamos que se abre o prazo para a solicitude das axudas a adquisición de libros de texto para o vindeiro curso 2015-2016. A continuación deixamos enlaces onde podedes consultar e descargar os formularios: Instruccións para a solicitude. Axudas a adquisición a Libros de Texto. Regulación de Fondo Solidario. Impresos solicitude. Impresos Solicitude Fondo Solidario.
Outro ano máis, se achega o noso mercadillo solidario e unha das actividades que faremos, para recadar cartos destinados ás asociacións , será unha subasta de cadros realizados polos nosos alumnos e alumnas de Gardería, Educación Infantil e Educación Primaria. Preparade as carteiras para conseguir algunha destas marabillas!!!! Galería de Imaxes.
Fene-Segovia-Garganta de los Montes (Madrid)-Madrid-Fene. Do luns, 11, ao venres, 15 de maio. Este curso despedimos aos nosos alumnos e alumnas maiores cunha viaxe de aventura, natureza, cultura, aprendizaxe e ocio. Aventura e natureza vivíronas na Serra de Madrid: cordas, tirolinas, piragüismo e ata un pouco de astronomía. E moito bicho. Tiveron ocio para todos os gustos: Zoo-Aquarium, Parque de Atracciones, O Rei León, cine, […]
Aquí tedes o calendario de exames correspondentes a 3ª Avaliación do Curso 2014-2015 para os alumnos e alumnas de Educación Secundaria. Ver aquí.
O pasado domingo 26 de Abril celebrouse, no pavillón Deportivo de A Coruña, o “3º Campeonato Regional de Aloha Mental Arithmetic”, onde unha das nosas alumnas Rebeca León Parada acodou o segundo posto en el nivel tres “Tiny Tots”. Neste campionato participaron arredor de 100 participantes. A competición consistiu na realización de operacións matemáticas mentais e co ábaco. Noraboa a nosa campiona !!!!.