Aviso sobre libros de texto de E. Infantil.

Ola familias:

Algunhas distribuidoras de libros de texto, estannos a informar que teñen problemas para conseguir os libros da Editorial Everest.  No noso colexio, afecta aos libros de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos) cos libros de lóxica matemática  “Aventura de los Números”.

Polo tanto comunicamos que toda familia que non sexa capaz de conseguir ditos libros,deberá comunicarllo a mestra do seu fillo ou filla en setembro, e dende o colexio tentaremos resolver o problema o antes posible. Desculpade polas molestias.