Informamos que dende os días 13 ao 17 de Xuño de 2016, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria realizarán a Viaxe de Fin de Curso a Portugal. O noso destino será o Parque de Pena Aventura, onde os rapaz@s realizaran unha serie de actividades ao aire libre e disfrutaran dunha interesante convivencia cos mestres e compañeir@s. Unha das máis impresionantes actividades […]
Seguindo coa promoción dos hábitos saúdables, levamos ós alumn@s de 3º da ESO o xoves 5 de maio a unha andaina dende As neves ata Caaveiro e as Fragas do Eume. Galeria de Imaxes.
Os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria rematamos o pasado venres, día 6 de maio, coas charlas do Plan Director en colaboración coa Guardia Civil; estas charlas, que se realizaron ao longo do segundo e terceiro trimestre, estiveron enfocadas en dous temas moi interesantes para os rapaces e rapazas destas idades; como son os Riscos de Internet e o Acoso Escolar. […]
O pasado mércores, día 4 de maio, os nenos e nenas de 6ºA de Educación Primaria, visitaron o Supermercado Eroski Center situado en Perlio, onde poideron aplicar unha pequena parte dos seus coñecementos na área de Matemáticas, con tarefas da vida cotiá, como é a de realizar a compra. Esta activiade pertence ao programa de “Mates no teu Super”, organizado por Eroski. Ademáis de practicar e […]
A viaxe do de 4º da ESO chega ao seu remate. Despois dunha intensa sesión de paintball regresamos a Barcelona onde visitamos o barrio Gótico, As Ramblas e o Paseo de Gracia. A viaxe a Fene é longa e todos estamos esgotados pero pagou a pena. Galería de Imaxes.
Andaina do 1º curso da E.S.O. o mércores 27 de abril, desde AS Neves ata as Fragas do Eume, có gallo de favorecer os hábitos saúdables entre os rapaces e rapazas do centro, e coñecer o contorno da comarca. Galería de Imaxes.
Andaina do 2º curso da E.S.O. o 21 de abril desde Neda ata a fervenza do Belelle e a canle de auga da central, co gallo de favorecer os hábitos saúdables entre os nenos e nenas de secundaria e coñecer o entorno da comarca. Galería de Imaxes.
A Excursión de 4º da ESO pasou hoxe por Barcelona cunha visita matutina ao Museo do Camp Nou e outra pola tarde ao Parque Güell. En ambas, os rapaces e rapazas tiveron ocasión de desfrutar do recorrido propio do Museo e un pouco de tempo libre para facer algunha compra de recordos. Mañá, visitaran de novo a cidade condal para despedirnos dela e poñer rumbo […]