IV Mercadillo e Carreira Solidaria.

O pasado sábado, 21 de maio, no noso colexio celebramos o IV Mercadillo e Carreira Solidaria, ao longo da mañá todas as persoas que se achegaron ao noso Centro, poideron disfrutar dun numeroso de actividades e distintos  puntos de venta para colaborar coas asociacións para as cales ía destinada a recadación.

Abrimos o centro ás 10 da mañá para comezar o día, posteriormente pasamos á Carreira Solidaria, onde todas as persoas que quixeron poideron competir pola solidaridade, comenzaron os máis pequenos da Escola Infantil ata rematar cos pais e nais máis atléticos do concello.

Como non podía ser doutro xeito non faltaron os postos de comida, o hinchable, os postos de bisutería, de plantas, de bazar, de libros, de maquillaxe, de ciencia,de robótica, exposición do proxecto anual, subasta de obras de arte e mascotas, … en fin, un numeroso abano de postos.

Tamén desfrutamos dunhas fermosas actuacións de baile, donde as nenas amosaron o gran potencial que posuen e nos deleitaron cunha animada demostración do seu traballo e esforzo.

En fin, unha gran xornada de solidaridade na que sen a GRAN AXUDA DAS FAMILIAS non sería posible.

Por iso, NOS GUSTARÍA AGRADECER A TOD@S AS PERSOAS COMPARTÍCHEDES E QUE FIXÉCHEDES POSIBLE ESTE DÍA. MOITAS GRAZAS.

 Carreira.     Clase de Zumba.    Vídeo de Baile.      Vídeo de Baile II.   Subasta de Cadros.   Galería de Imaxes.