O pasado día 21 de xuño tivo lugar a entrega de orlas e despedida do alumnado de 4º de ESO. Podedes ver na ligazón as actuacións preparadas polo alumnado e o ben que o pasaron bailando cos mestres.
Podedes consultar a relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2024/25 nesta ligazón.
O alumnado da ESO pode consultar as datas dos exames finais nesta ligazón.
A rapazada de 1º e 2º de ESO visitou esta semana o arquipélago das illas Cíes, o único Parque Nacional que temos na comunidade. Quedaron encantados de ter viaxado cos Piratas De Nabia que fixeron un fantástico traballo amosando os segredos das Cíes con actividades entretidas, divertidas e moi didácticas.Galería
A rapazada de 4º de ESO estivo visitando diferentes puntos de Andalucía durante a semana do 7 ao 11 de maio.Galería
Esta pasada primeira semana de abril, os grupos de 3º de ESO foron de viaxe parando en Segovia, Toledo, Ávila e no parque temático Puy du Fou. A rapazada de 3º de ESO tivo visitas guiadas nas tres cidades para coñecer os seus monumentos máis significativos e pasou unha xornada completa no parque temático histórico Puy du Fou de Toledo, onde puido asistir aos diferentes […]
A rapazada de 1º de ESO visitou este febreiro o Arqueódromo, aula didáctica para a práctica de arqueoloxía da Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial da UDC en Ferrol. O alumnado descubriu o traballo de campo dun xacemento arqueolóxico: localización, estudios previos, excavación, análise e datacion dos elementos atopados e a exhibición e difusión do coñecemento sobre os nosos antergos. Queremos agrdecer aos arqueólogos Lucía […]
O alumnado da ESO pode consultar as datas dos exames da 2ª avaliación nesta ligazón.